Teaching GuideTerm Faculty of Health Sciences |
Grao en Terapia Ocupacional |
Subjects |
Work Placement II |
Contents |
|
|
Identifying Data | 2022/23 | |||||||||||||
Subject | Work Placement II | Code | 653G01210 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 1st four-month period |
Second | Obligatory | 4.5 | ||||||||||
|
Topic | Sub-topic |
Temas transversais a todas as prácticas: | 1.- Principios teóricos básicos de avaliación e actuación profesional dende a terapia ocupacional sobre contornas/contextos. Unha mirada ocupacional a: • Contornas domésticas • Accesibilidade e deseño universal. • Contorna/s social, histórico, cultural e institucional/ais 2.- Observación e análise de factores ambientais. • Introdución aos factores ambientais. • Conceptos de barreiras e facilitadores. Identificación e análise en diferentes contextos. • Utilización dos conceptos contexto/ambiente dos modelos teóricos específicos de terapia ocupacional (por exemplo: Persoa-Medio-Ocupación, Modelo Canadense do Desempeño Ocupacional, Modelo Kawa, Modelo de Ocupación Humana) para a súa análise. 3.- Valoración de ambientes de participación nas ocupacións: • Avaliación da accesibilidade das contornas. • Observación coa finalidade de avaliar ambientes. • Análise do medio dende unha perspectiva individual e dende unha perspectiva colectiva. • Valoración de ambientes específicos en función das ocupacións que acollen e das persoas que as desenvolven. • Recollida de información da avaliación. 4.- Deseño de contornas accesibles para a participación nas ocupacións • Principios para desenvolver o asesoramento. • Deseño de actuacións específicas para a acción no medio ambiente. Exemplos: adaptacións funcionais do medio, deseño de ambientes socialmente facilitadores, propostas dende a perspectiva da universalidade. 5.- Rexistro de información: • Criterios de elaboración de rexistros das actividades realizadas. • Comunicación con outros/as profesionais. • Comunicación cos usuarios/as (persoa/grupo/comunidade). |
Proxectos rotatorios de prácticas: | 1.- Proxecto "Contorna doméstica dende terapia ocupacional" • Concepto de adaptación funcional do fogar en terapia ocupacional: semellanzas e diferenzas coa accesibilidade universal. • Intervención domiciliaria dende terapia ocupacional. Análise do tipo de vivenda e identificación das principais ocupacións realizadas en función de factores ambientais e persoais. • Novos enfoques na adaptación do fogar: experiencias de uso de dispositivos tecnolóxicos. • Observación, identificación e avaliación de necesidades e barreiras no ámbito doméstico para o desempeño laboral. 2.- Proxecto "Accesibilidade e deseño universal e terapia ocupacional" • Conceptos teóricos básicos: concepto europeo de accesibilidade e deseño para todos/as. Accesibilidade versus adaptación funcional. Aportacións da ergonomía ao deseño de ambientes. • Normativa estatal e autonómica en materia de accesibilidade. Recursos bibliográficos para deseñar contornos accesibles. • Práctica de observación e valoración de ambientes desde terapia ocupacional. • Elaboración de propostas de contornas universais baseadas na ocupación; creación de espazos facilitadores que fomenten a participación, incorporación de criterios ergonómicos e compatibilidade con intervencións de adaptación funcional individualizadas. • Rexistro de información: elaboración de informes de asesoramento en materia de accesibilidade. 3.- Proxecto "Contornas 'Invisibles' e terapia ocupacional". • Conceptos teóricos básicos para comprender, identificar e traballar en/cos contextos sociais, históricos, culturais e institucionais e a súa relación coa terapia ocupacional. • Utilización e aplicación dos conceptos teóricos básicos na práctica da terapia ocupacional traballando en/con contextos sociais, históricos, culturais e institucionais. • Metodoloxías participativas de avaliación e traballo en ámbitos sociais, históricos, culturais e institucionais en terapia ocupacional: Photovoice, metaplan, narrated body mapping, narración dixital (proxecto WFOT Occupational Narratives). • Habilidades comunicativas como contorno en terapia ocupacional: mediadores do desempeño ocupacional (continuación EPI) Avaliación e intervención. • Observación e valoración de ambientes desde terapia ocupacional/ciencia da ocupación. • Propostas de actuación. *Os proxectos poden sufrir modificacións polas necesidades contextuais de cada proxecto. |
|