Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Estudo de casos |
Saídas de campo |
Simulación |
|
Descrición |
A atención personalizada planificarase de dúas formas diferentes:
- Saídas de campo e simulación (prácticas): poderán realizarse en dúas modalidades;saídas e traballo tutelado con docentes da materia, ou traballos de campo autónomos con supervisión do profesorado.
- Titorías: en grupos pequenos ou medianos, segundo a distribución do alumnado realizada para a elaboración dos estudos de caso.
A finalidade é apoiar o traballo que desenvolverán as/os estudantes, resolver as dúbidas que xurdan na observación directa, establecer criterios para cada fase da actividade programada, e valorar a evolución na lóxica do pensamento da/do estudante.
E dicir, a atención personalizada farase globalmente, mediante titorías personalizadas directas e virtuais, indvduais e/ou grupais.
O equipo docente da materia estará dispoñible no despacho do centro ou virtualmente a través da ferramenta Teams, dacordo ás circusntancias específicas. O horario e formato serán comunicados ao alumnado ao inicio da materia. |
|