Esta materia pretende o desenvolvemento de competencias que permitan ao alumnado comprender e aplicar os coñecementos relacionados coa observación e a análise das contornas dende a Terapia Ocupacional e a intervención da/o terapeuta ocupacional nas mesmas ao longo do ciclo vital e tendo en conta distintas condicións de saúde e/ou situacións de vulnerabilidade.
Descriptor: Estadías prácticas para aplicar teorías, fundamentos, metodoloxías, técnicas, avaliacións e valoracións de Terapia Ocupacional, traballando adecuadamente en equipo e desenvolvendo as funcións e destrezas propias desta/e profesional en diferentes contornas, centros, hospitais, asociacións, institucións, grupos sociais e poboacionais.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías