Seminario |
Parte práctica dos contidos expostos a todo o grupo na sesión magistral, con apoio fundamental no uso de Internet. É unha clase tipo "seminario" por cada clase tipo "sesión maxistral".
O alumno deberá resolver os tres exercicios prácticos que se lle propoñen durante o curso |
Proba obxectiva |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
A proba obxectiva consistirá nun exame tipo test de resposta múltiple (20 preguntas) varias preguntas teóricas de tipo curto e unha longa e a resolución de un ou varios casos prácticos propostos polo profesor. O test a as preguntas teóricas poden ser escritas ou orais.
|