Teaching GuideTerm
University College of Nursing (C)
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Subjects
  Bases for the Interpretation of Scientific Knowledge
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Collaborative learning A18 A19 A20 B1 B3 B8 B11 B21 B23 C6 C7 C8 C11 C13 "Metodoloxía Cualitativa": O resultado das actividades realizadas en grupo ou individualmente (incluida a proposta de investigación cualitativa) será entregado previamente á súa expoción na aula ou mediante as tecnoloxías de información e comunicación telemática.
A nota representará 80 % da calificación global da parte correspondente a "Metodoloxía Cualitativa" no total da materia.
24
Mixed objective/subjective test A18 A19 A20 B3 B8 B11 C6 C11 "Metodoloxía Cuantitativa/Bioestatística": Realizarase unha proba escrita na data oficial do exame da materia. A proba constará de preguntas tipo test, preguntas de resposta breve e/ou exercicios de cálculo relacionados cos contidos teóricos, as lecturas propostas e os problemas expostos no desenvolvemento da materia. Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. O resultado desta proba representará o 50% da cualificación global desta parte da materia.

"Metodoloxía Cualitativa": Proba escrita con preguntas tipo test o curta relacionadas cos contidos teóricos, lecturas e aprendizaxe colaborativa.
A nota total representará 20 % da calificación total da parte correspondente a "Metodoloxía Cualitativa" no total da materia.
41
Problem solving A18 A19 A20 B8 C7 C11 C13 "Metodoloxía Cuantitativa/Bioestatística": Se realizarán probas de coñecemento e /ou boletíns de exercicios prácticos que se deben resolver de xeito individual ou en grupos mediante a aplicación dos coñecementos traballados. Puntuarase:
- A entrega da totalidade dos traballos propostos
- A adecuación das respostas proporcionadas
- A presentación e a claridade na descripción dos resultados
- A utilización das ferramentas informáticas e os recursos web axeitados para a resolución do problema
No caso de detectar traballos ou respostas as preguntas coincidentes doutros ou coincidentes entre eles non se puntuarán
Estas actividades puntuaranse de 0 a 10 puntos, representando o 50% da calificación desta parte da asignatura.
35
 
Assessment comments
As dúas partes da materia serán cualificadas de forma independente, obtendo en cada unha delas unha puntuación entre 0 e 10 puntos.

Para superar a materia é necesario superar cada unha das partes individualmente, de acordo cos criterios establecidos polo profesor correspondente.

No caso de que non se supere unha das dúas partes na 1ª oportunidade, a nota que figurará será de 4, e para a 2ª oportunidade manterase aprobada a parte que se teña superada na 1ª oportunidade dentro da mesma convocatoria.


A cualificación final calcularase tendo presente o número de créditos de cada unha das partes da materia. Por tanto, a nota final será a media ponderada calculada coa fórmula:

Nota final = 0,333 * Nota Investigación Cualitativa + 0,667 * Nota Investigación Cuantitativa/ Bioestadística

Por limitacións da plataforma, o contido deste apartado é orientativo. Nos primeiros días de clase cada profesor comentará como se realizará a avaliación do seu parte.

MATRÍCULA DE HONRA
Poderán optar a Matrícula de Honra os/ as alumnos/ as coas cualificacións máis elevadas cuxa nota supere os 9 puntos, unha vez ponderadas e sumadas as dúas partes da materia.

NON PRESENTADO
A cualificación de Non Presentado corresponderá ao alumno/a que non se presente ás probas de avaliación esixidas nalgunha das dúas partes das que consta a materia.



CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA As UNIDADES DIDÁCTICAS DE BIOESTADÍSTICA E METODOLOXÍA DA INVESTIGACIÓN CUANTITATIVA ( PROF. SONIA PÉRTEGA DÍAZ)

Proba mixta: Realizarase unha proba escrita na data oficial do exame da materia. A proba constará de preguntas de resposta breve ou tipo test e/ou exercicios de cálculos relacionados cos contidos teóricos, as lecturas propostas e os problemas expostos no desenvolvemento da materia. Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. O resultado desta proba representará o 80% da cualificación global desta parte da materia.

Solución de problemas: formulación aos alumnos de casos prácticos que deben resolver facendo uso dos coñecementos teóricos que se traballan na materia, e cuxa entrega será puntuable nos casos nos que así se indique. Todos os traballos puntuaranse sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. A cualificación media destes traballos representará o 20% da cualificación global desta parte da materia.

A cualificación final desta parte da materia calcularase de acordo coas porcentaxes anteriores. A puntuación mínima para superar esta parte da materia será de 5 puntos, sendo imprescindible acadar un 4 na proba escrita.


A metodoloxía de avaliación descrita é obrigatoria para os/ as alumnos/ as de matrícula ordinaria en primeira oportunidade (xuño).

Segunda oportunidade (e sucesivas), oportunidade adiantada
Os/ as alumnos/ as de segunda oportunidade ou oportunidade adiantada poderán elixir o sistema de avaliación descrito para a primeira oportunidade (sempre que entregasen en prazo as actividades académicas deseñadas para ese curso académico) ou a avaliación mediante un exame único que representará o 100% da nota final desta parte da materia.

Matrícula parcial
Os/ as alumnos/ as de matrícula parcial deberán poñerse en contacto coa profesora desta parte da materia ao comezo do curso. Os/ as alumnos/ as con matrícula a tempo parcial poden acollerse a este último sistema de avaliación (avaliación mediante un exame único que representará o 100% da nota final desta parte da materia) tanto en primeira como en segunda oportunidade e en caso de oportunidade adiantada.

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do "I Plan de Sustentabilidade Medio-Ambiental Green Campus FCS", os traballos que se realicen nesta materia maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático. De realizarse en papel:

a.- Non se empregarán plásticos.

b.- Realizaranse impresións a dobre cara.

c.- Empregarase papel reciclado.
d.- Evitarase a impresión de borradores, moi especialmente en cor.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes