Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE
MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO: - A entrega dos traballos documentais que se realicen
nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen
necesidade de imprimilos. No caso de que a entrega dos traballos, fose en papel: - Non se empregarán plásticos - Realizaranse impresións a dobre cara - Empregarase papel reciclado - Evitarase a impresión de borradores. - Na realización dos traballos tutelados, o plaxio e a
utilización de material non orixinal, incluíndo aquel obtido a través de
Internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso
do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade. - Teranse en conta os principios éticos relacionados
cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. - Atendendo ás distintas normativas de aplicación para
a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva
de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula,
nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas
co alumnado. - Traballarase para identificar e modificar prexuízos
e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na
contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. - Prestará especial atención en detectar situacións de
discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas. - Facilitarase a plena integración do alumnado que por
razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |