Tendo en conta o especificado na Memoria do Título é necesario ter superada a materia Estancia Clínica I para poder matricularse.
Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE
MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO:
- A entrega dos traballos documentais que se realicen
nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen
necesidade de imprimilos.
No caso de que a entrega dos traballos, fose en papel:
- Non se empregarán plásticos
- Realizaranse impresións a dobre cara
- Empregarase papel reciclado
- Evitarase a impresión de borradores.
- Na realización dos traballos tutelados, o plaxio e a
utilización de material non orixinal, incluíndo aquel obtido a través de
Internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso
do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade.
- Teranse en conta os principios éticos relacionados
cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para
a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva
de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula,
nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas
co alumnado.
- Traballarase para identificar e modificar prexuízos
e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na
contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Prestará especial atención en detectar situacións de
discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por
razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.