Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado oficialmente na materia e ter superadas as Estancias Clínicas I, II e III, tal e como consta na memoria do título de grao.
A aplicación das porcentaxes na avaliación final para a superación da materia quedará suxeita a que cada unha das metodoloxías que computen na avaliación sexan superadas polo estudante segundo os criterios que se establezan.
Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán comunicarse de acordo a normativa xeral do Centro relativa as Estancias Clínicas. Éstas serán recuperadas ó remate dos rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non comunicadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro.
Ó finalizar o período de prácticas clínicas os estudantes deberán
presentar a Memoria segundo se especifica no Regulamento de Estadías
Clínicas.
As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicarase no campus virtual antes do inicio das mesmas.
Avaliación 2ª oportunidade
Dado que as prácticas clínicas son de carácter presencial, e polo tanto non
recuperables, os estudantes só poderán empregar a segunda oportunidade
para recuperar as actividades relativas á solución de problemas.
Adianto de oportunidade e estudantes con matrícula parcial
Dado que as prácticas clínicas son de carácter presencial, e polo tanto non
recuperables, non é posible establecer unha avaliación diferente para estes casos.