Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo (a distancia)
 Asignaturas
  Xeografía do Turismo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A13 A18 A19 A27 A30 A31 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico

Modalidade online: As dúbidas que xurdan nesta parte serán resoltas nas titorías e no foro. A porcentaxe será do 20%
20
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A13 A18 A19 A27 A30 A31 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Proba escrita na que se busca responder a preguntas cortas ou de certa amplitude, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Farase un minínomo de unha proba ao remate do curso.

Modalidade online: A porcentaxe será do 60%.
60
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A13 A18 A19 A27 A30 A31 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Cada alumno fará unha presentación oral sobre un país do mundo de acordo con un esquema obrigatorio que se presentará no seminario.l

Modalidade online: Ao longo do curso o alumno terá que realizar un traballo sobre un destino onde se analizará a realidade xeográfica e turística do mesmo . Farase seguimento e control do traballo tutelado. A porcentaxe será do 20%.
20
 
Observacións avaliación

Os alumnos online poderán acolllerse ao sistema de avaliación continua que, en lugar de proba obxectiva final, exixirá a entrega periódica de traballos que serán expostos e grabados. Asemade todos os alumnos estarán obrigados a participar cos seus comentarios nas propostas feitas polos seus compañeiros. Nese caso o 60% correspondente a proba obxectiva, quedará integrado na avaliación continua.

A non entrega de algún deles anularará a o proceso e remitirá ó sistema xeral (40% traballo - 60% proba obxectiva)

Para os alumnos con matrícula ordinaria as porcentaxes serán de 60% para a proba obxectiva e de 40% para os traballos en liña.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, concedida oficialmente pola UDC segundo a súa normativa, poderá facer os traballos obrigatorios non presenciais, e facelos chegar ao profesor para á súa avaliación. Neste caso, o exame, que será específico para estes alumnos, terá un valor do 80% da cualificación, sempre que obtivesen un mínimo de 5 sobre 10 na parte práctica. 

En todos os casos, para que as porcentaxes entren en funcionamento é necesario obter polo menos un cinco (5) en cada unha das partes. No caso de suspender unha das partes a materia quedará suspensa. 

No caso de producirse a entrega de traballos, pero non acudir á realización da proba obxectiva, a cualificación será de Non Presentado. 

A avaliación será igual na primeira e na segunda oportunidade
En caso de convocarse a oportunidade adiantada, a proba obxectiva supoñerá o 100% da cualificación

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Turismo

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes