Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Idioma Moderno: Inglés
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A6 A7 A13 A15 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Traballo obxeto a avaliación continua: constará dunha combinación das seguintes tarefas:
Lectura e comprensión de textos, resumos, redacción, tradución, descricións de tendencias do turismo, texto que describe un destino, gastronomía, ben turístico tanxible o intanxible etc.
20
Proba obxectiva A1 A6 A7 A13 A15 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C4 C7 Exame final escrito que consistirá nunha combinación dos seguintes exercicios: práctica de vocabulario; comprensión de textos; tradución de textos breves ao inglés; descrición de gráfica / s que ilustran as tendencias do turismo; redacción e/o resume. 50
Proba oral A1 A6 A7 A13 A15 A29 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C3 C4 C7 Parte 1:

Exposición oral dun dos temas vistos na clase (15%)

Parte 2:
Exposición dunha ruta pola cidade da Coruña e explicación dos seus principais monumentos, lugares de interese, historia e patrimonio natural e construído, etc. (15%)

30
 
Observacións avaliación

Os estudantes DEBEN aprobar (50%) todas e cada unha das seccións de avaliación (proba obxectiva, obradoiro e as dúas seccións da proba oral) para superar a asignatura. 

Só obterase a cualificación de NON PRESENTADO se non se participou en ningunha das actividades e tarefas que constitúen a avaliación da materia.  

Os estudantes que non están obrigados a cumprir o requisito de asistencia por estar exentos segundo a normativa publicada para este fin pola Universidade da Coruña ((Art. 3.be 4.5) Normas de avaliación, revisión e reclamación de cualificacións de dous estudos, os títulos universitarios e os cursos universitarios (art. 3 e 8b)) terán o mesmo sistema de evaluación que os estudantes que teñen a obriga de asistir.   

 Na segunda oportunidade (xullo) os alumnos serán avaliados do seguinte xeito: 

-O mesmo método de avaliación aplícase para a segunda oportunidade. 50% exame escrito, 30% exame oral e 20% traballos de evaluación continua dos temas do curso. Para
aprobar esta materia, os alumnos deben obter unha nota mínima de aprobado (50%)
nos TRES apartados de avaliación (proba escrita, oral e avaliación continua).

-Se os alumnos superaron algunha destas partes, ben sexa o exame escrito, os traballos do curso ou a parte oral na primeira oportunidade, as súas notas manteranse na segunda oportunidade. 

Isto é válido SÓ para as dúas oportunidades correspondentes ao presente curso académico.

No caso da convocatoria adiantada, a avaliación consistirá nun examen escrito (70%) e unha proba oral (30%). 

Honradez
académica

Lembrase
ao alumnado que o uso de calquera axuda ou dispositivo no examen final está
totalmente prohibida, e no caso de utilizar calquera soporte no permitido
quedará automáticamente suspenso, independentemente da nota do examen e outras
probas. Calquera falta de honradez académica (plaxio,copiar en exames, etc.)
penalizarase de acordo co establecido no artigo 14 das "Normas de
avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario”.

Atención á diversidade

A materia
poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas
encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de
aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar
cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados
de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á
Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);
no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo no seguinte enderezo
electrónico: sarah.moss@udc.es

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes