Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Turismo (a distancia) |
Asignaturas |
Introdución ao Turismo |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Introdución ao Turismo | Código | 662G01009d | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Traballos tutelados | Neste curso será un traballo persoal do alumno/a no que, a partir dun caso elexido entre varios propostos pola profesora, se tratarán todos os temas aprendidos ao longo da materia (daranse as pautas necesarias para realizalo ao inicio das clases). O Alumnado de Modalidade On line fará o mesmo traballo, seguindo as mesmas indicacións e pautas, que aparecerán expostas en Moodle e serán explicadas polo profesorado. |
Proba mixta | Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. A proba será idéntica para o alumnado de Modalidade On line |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. O alumnado de Modalidade On line terá á súa disposición todos os materiais explicados na materia na plataforma on line. Na hora e media de conexión en directo cada semana, darse unha parte de clase maxistral. Dita sesión será sempre gravada para poder visualizala en diferido. |
|