As clases do grado online realizaranse de xeito asíncrono. Para isto o profesor/a profesora engadirá todo o material necesario en Moodle. O alumnado do grao online deberá visualizar semanalmente as clases maxistrais e interactivas gravadas e consultar os materiais engadidos na plataforma Moodle; reservándose os horarios asignados a esta materia e establecidos no calendario escolar para aclarar todas posibles dúbidas ou consultas sobre a materia e para tutorizar os traballos a realizar; sempre suxeito a solicitude por parte do alumnado. Valorarase a participación nos foros propostos e a asistencia a titorías individualizadas.
Todas as probas teñen que superar o 50% da nota, para poder facer o cómputo final
O alumnado que non se presente á Proba Obxectiva (independentemente da convocatoria de que se trate), será cualificado cun " NP" (Non Presentado), aínda no caso de tener feito, presentado e exposto traballos tutelados ou outras actividades que computen na avaliación.
Tanto en primeira como en segunda oportunidade aplicarase o mesmo sistema de avaliación.
A convocatoria adiantada consistirá nunha proba mixta que computará o 100% da materia
O traballo será presentado e defendido tanto por escrito como en formato on line, mentres que a proba mixta haberá de realizarse de forma presencial.
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Turismo.
A detección de plaxio ou falsedade será penalizada co suspenso na materia.