Para aprobar a asignatura hai que obter unha nota mínima de 5, cun mínimo de 4 (sobre 10) no exame práctico final.
Os alumnos e alumnas que non acudan ao exame final terán a calificación de NON PRESENTADO
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:
Proba de resposta múltiple (15%), Prácticas a través de TIC (15%), entrega de exercicios propostos (10%) e proba obxectiva (60%).
Na convocatoria de 2ª oportunidade a nota será a do exame práctico (60%) , proba de resposta múltiple (20%) e prácticas a través de TIC (20%), para todo o alumnado que non superase a asignatura na primeira oportunidade.
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Turismo.