Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Recursos Territoriais Turísticos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A4 A5 A7 A8 A9 A23 Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados 25
Presentación oral A9 A23 A29 A32 A34 A35 B1 B2 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O Alumno fará unha presentacion oral dun trabalo de elaboración propia que recolla as apartacions teórcas da materia:
A a partires dun territorio, ruta o intanxible
elaborará un inventario de recursos, analizará os factores de loscalización turística e fara un proposta de desenvolvemento.
35
Proba mixta A1 A3 A4 A5 A7 A8 A9 A14 A18 A19 A23 A25 A27 A28 B1 B2 B3 B4 B5 C1 Se realizará unha proba teórica na que o alumno dara conta dos conceptos teóricos adquiridos durante o curso. A proba poderá constar de preguntas corta, pregunta tipo test , comentario de texto, pregunta longa e/ou comentario de diapositivas. 40
 
Observacións avaliación

Para os alumnos con matrícula ordinaria as porcentaxes serán de 40% para a proba obxectiva e de 60% para a presentación oral e as lecturas. 

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, concedida oficialmente pola UDC segundo a súa normativa, poderá facer os traballos obrigatorios non presenciais, e facelos chegar ao profesor para á súa avaliación. Neste caso, o exame, que será específico para estes alumnos, terá un valor do 80% da cualificación, sempre que obtivesen un mínimo de 5 sobre 10 na parte práctica. 

En todos os casos, para que as porcentaxes entren en funcionamento é necesario obter polo menos un cinco (5) en cada unha das partes. No caso de suspender unha das partes a materia quedará suspensa.

No caso de producirse a entrega de traballos, pero non acudir á realización da proba obxectiva, a cualificación será de Non Presentado. 

 A avaliación será igual na primeira e na segunda oportunidade

En caso de convocarse a oportunidade adiantada, a proba obxectiva supoñerá o 100% da cualificación.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Turismo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes