Presentación oral |
A13 A24 A33 A34 B1 B2 B4 B6 B7 C1 C3 |
Presentación oral do traballos tutelado ou da actividade de aprendizaxe servizo |
10 |
Prácticas clínicas |
A3 A6 A7 A11 A12 A13 A14 A18 A22 A24 A26 A33 A34 A35 B2 B3 B6 B7 C1 C2 C3 C5 C7 |
O alumnado deberá de superar satisfactoriamente un periodo de formación práctica nunha empresa de Intermediación Turística, a cal terá unha duración que se establecerá de común acordo polo responsable da materia e o coordinador/a de Prácticas. Estas prácticas desenvolveranse ao longo do segundo curso ou terceiro de maneira indistinta. |
5 |
Os estudantes elixirán ao principio do cuatrimestre se queren avaliación continua ou non continua. A asistencia a clase é obrigatoria. De xeito esporádico pódense facer cuestionarios ou exercicios que servirán como forma de control da asistencia. No caso de que o estudante elixa a avaliación non continua a proba obxectiva será o exame final. Neste sentido, a nota final calcularase da forma seguinte: - Avaliación continua: como aparece descrito no cadro superior: proba obxectiva (40%), contidos dos traballos tutelados coa correspondente defensa oral (55%) e prácticas clínicas (5%). A proba obxectiva ten que ter unha nota igual ou superior a 5 puntos para facer media co resto. En caso de que o alumnado con avaliación continua non puidese realizar as Prácticas Clínicas por causas non imputables a el, o peso da avaliación recaerá no examen, é dicir, o exame terá un peso do 45%.
- Primeira Oportunidade 1ª Convocatoria: Para o alumnado que non asista/participe nas actividades da clase (estudantes que non acrediten a súa asistencia, polo menos, ao 85% das clases) ou non entreguen algún dos traballos tutelados ou non chegue ao mínimo esixido neles ou non realice (por causa imputable a el) ou non supere satisfactoriamente as prácticas clínicas terá un exame final (100%). O exame final ten que ter unha nota igual ou superior a 5 puntos. Os estudantes con avaliación non continua non se poderán presentar á proba ou probas obxectivas da avaliación continua. Para o alumnado de avaliación non continua o exame incluirá unha proba mixta (con preguntas pechadas, de verdadeiro ou falso e preguntas curtas e un apartado de preguntas de desenvolvemento).
- Segunda oportunidade da Primeira Convocatoria, e nas oportunidades de ulteriores convocatorias, aplicarase o sistema de avaliación por Proba Obxectiva única (100%), caso de non realizar (por causa imputable ao alumnado) ou non superar satisfactoriamente as Prácticas Clínicas, é dicir, que para superar a materia, precisará obter 5 puntos sobre 10 na proba. Se realizou e superou as Prácticas Clínicas no presente ou precedentes cursos, o peso da Proba Obxectiva será do 95% (9,5 puntos sobre 10) e o das Prácticas Clínicas un 5% (0,5 puntos sobre 10), debendo obterse no conxunto das partes (20% e 80%) unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
O alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, solicitada oficialmente, poderá facer o exame final (100%) e, para aprobar, terá que obter unha nota igual ou superior a 5 puntos. Este alumnado terá a convocatoria de Xullo como segunda oportunidade (100%). Igualmente, para aprobar, terá que ter unha nota igual ou superior a 5 puntos. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando non se presente ao examen nin teña realizado os traballados da aula. Implicacións do plaxio: "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria". As instruccións detalladas sobre os traballos serán explicadas pola profesora na clase e expostas na plataforma Moodle para a súa consulta. Os anteriores criterios de avaliación aplicaranse tanto na primeira como na segunda oportunidade. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/) no seu defecto coa tutoria ADI da Facultade de Turismo.
|