Guest lecture / keynote speech |
As clases maxistrais están orientadas cara á adquisición dos coñecementos linguísticos e culturais necesarios para a desarollar as competencias estudadas. |
Workshop |
Os obradoiros coinciden na sua temporalización cos temas teóricos aos que corresponden. Neles, practicaranse ben con exercicios gramaticais, ben con frases, ben con prácticas do oral, os temas abordados nas sesións maxistrais. |
Supervised projects |
O alumnado terá que realizar o programa completo e detallado dun paquete turístico. As pautas do traballo serán explicadas en clase. |
Mixed objective/subjective test |
Exame escrito de 2h de duración centrado nos coñecementos gramaticais, estruturais e lexicales do alumnado así como nos seus coñecementos acerca das situacións de comunicación abordadas durante o curso e os traballos realizados. O exame constará das seguintes partes: exercicios de gramática, tipo test, tradución do español ao francés na que entrarán o vocabulario explicado, as estruturas e os puntos gramaticais abordados. Haberá igualemente un exercicio de redacción sobre o traballo tutelado ou as presentacións orais realizadas. |