Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Subjects
  Final Dissertation
   Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Reunións co/ a titor/a nas que se especifican os aspectos necesarios para o correcto desenvolvemento do Traballo Fin de Grao e para planificar un calendario para o seu desenvolvemento.
Supervised projects Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do/a titor/a asignado/a e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo/a titor/a.
Oral presentation A defensa do TFG será pública e presencial. Consistirá na exposición oral dos aspectos máis relevantes do traballo realizado, durante un período de tempo non superior a 15 minutos, podendo axudarse dos medios informáticos e audiovisuais que estime pertinente.
A exposición oral ante o Tribunal correspondente, será na lingua en que estivese redactado o traballo. Finalizada esta, deberá atender ás cuestións, aclaracións, comentarios e suxestións que puidesen formularlle os membros do Tribunal.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes