7. Avaliación e cualificación
7.1. Para a avaliación, aplicaranse os criterios establecidos na guía docente e o disposto na memoria de verificación do Título.
a) O/a director/a do traballo valorarao mediante o Anexo IV. Este documento será entregado na Administración do centro antes do fin do prazo de presentación de traballos establecido para cada oportunidade.
b) O tribunal valorará a exposición pública do traballo mediante a rúbrica establecida no Anexo V.
c) O tribunal emitirá a cualificación final, que será o resultado da media ponderada da valoración do tribunal (30?%) e da proposta de dirección do traballo (70%). Empregarase o Anexo VI, que será entregado na administración do centro. En caso de codirección, terase en conta a media da cualificación outorgada polas/os directoras/es.
7.2. A cualificación final outorgarase en función da seguinte escala numérica establecida no Real Decreto 1125/2003, de 0 a 10, con expresión dun decimal (de ser necesario o redondeo, farase cara arriba), á cal terá que se lle engadir a correspondente cualificación cualitativa:
a) 0-4,9: suspenso
b) 5,0-6,9: aprobado
c) 7,0-8,9: notable
d) 9,0-10: sobresaliente
7.3. Poderá acceder á mención de matrícula de honra o estudantado que obtiver unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos, segundo o criterio do tribunal
avaliador.
7.4. No caso de a/o estudante obter a cualificación de suspenso, o tribunal faralle chegar un informe coas recomendacións oportunas para a mellora do traballo e a
súa posterior avaliación. Enviarase unha copia deste informe á(s) persoa(s) que dirixiron o Traballo Fin de Grao.
7.5. A revisión e/ou reclamación das cualificacións finais dos traballos fin de grao levaranse a cabo de conformidade co previsto na normativa da Universidade da Coruña.
Plaxio
Ademais segundo a Lei de Convivencia (BOE núm. 48, do 25 de febreiro de 2022), a fraude académica, considérase falta moi grave, podendo implicar expulsión de 2 a 3 anosda universidade constando no expediente académico ata o seu total cumprimento; asícomo a perda de dereitos de matrícula parcial durante un curso ou semestreacadémico (art. 14). Enténdese por fraude académica calquera comportamento premeditadotendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo,realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendimientoacadémico (art. 11).
Atención à Diversidade
A materia poderá ser
adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio
á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou
relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos
disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada
cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);
no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo no seguinte enderezo
electrónico: sarah.moss@udc.es.