Ao tratarse habitualmente dun número de alumnos moi reducido, a proba mixta resulta na maioría dos casos innecesaria, xa que é moi doado seguir a evolución dos estudantes na avaliación continua.
Se a nota media dos traballos é igual ou superior a 5, esa será a cualificación final.
Se a media dos traballos non alcanza o aprobado, realizarase un exame e a nota final será:
40%exame - 60% media dos traballos
Importante: Sen entregar ningún traballo, non será posible aprobar a materia.
O alumnado que teña algún tipo de excepcionalidade para asistir a clase legalmente concedida, que fale co profesorado a comezos de curso para establecer as titorías e os sistemas de avaliación correspondentes. A avaliación continua poderá realizarse online.
***A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria