Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Humanidades
 Asignaturas
  Mitoloxía Clásica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Mitoloxía Clásica Código 710G01036
Titulación
Grao en Humanidades
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Os obxectivos docentes básicos da Mitoloxía Clásica son dar a coñecer os principais mitos gregos e latinos e as distintas correntes teóricas que trataron de comprendelos e estudalos. Entendida como repertorio e estudo sistemático dos mitos antigos, a mitoloxía representa un aspecto fundamental nos estudos da cultura clásica desde diversos puntos de vista (histórico, antropolóxico, literario, etc.). A súa pervivencia e continua reinterpretación dos mitos ao longo do tempo, ata os nosos días, fan da mitoloxía clásica un referente fundamental da cultura occidental, que se manifesta en eidos tan diversos como a arte, a literatura, o cinema ou a música, entre outros. A todos estes aspectos presta atención a materia Mitoloxía clásica, cuxo programa se estrutura en dúas partes: unha, máis teórica, que pretende comprender qué é o mito e como foi interpretado e outra centrada na análise dalgúns mitos gregos.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes