Guía DocenteCurso Facultade de Humanidades e Documentación |
Grao en Xestión Industrial da Moda |
Asignaturas |
Fundamentos Matemáticos e Ferramentas para a Análise de Datos |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Fundamentos Matemáticos e Ferramentas para a Análise de Datos | Código | 710G03014 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba de resposta múltiple | B1 B2 B3 B4 B9 | Constará de 15 a 20 preguntas tipo test con tres respostas posibles | 60 |
Traballos tutelados | A13 A19 B2 B3 B8 B9 C3 C7 C8 | Traballos a realizar en grupos de 2 a 5 persoas, de aplicación da estatística a datos reais ou simulados, de revisión dun tema da estatística ou análise de datos en xeral determinado ou mesmo referente a unha aplicación específica da estatística en xestión e industria. | 20 |
Solución de problemas | B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 | Avaliarase a asistencia e desempeño do alumno nas clases de problemas e/ou a entrega de problemas resoltos. | 10 |
Prácticas a través de TIC | A19 B2 B3 B4 B9 C3 | Avaliarase a asistencia e desempeño do alumno nas clases de prácticas, do mesmo xeito que a entrega de traballos relacionados coa aplicación do software estatístico R. | 10 |
Observacións avaliación | |||
Avaliación na primeira oportunidade
A nota da proba de resposta múltiple ponderarase coa cualificación correspondente á entrega de traballos prácticos relacionados coas prácticas realizadas co software estatístico R, coa asistencia ás clases prácticas (prácticas TIC e exercicios) e observación sistemática do desempeño do alumno, coa entrega de exercicios e coa realización de traballos tutelados. Avaliación na segunda oportunidade A avaliación realizarase seguindo o mesmo procedemento que na primeira oportunidade. Convocatoria adiantada Todas as observación previas son aplicables aos estudantes que soliciten a convocatoria adiantada de decembro. Calificación de non presentado En calquera das dúas oportunidades anuais figurará un NON PRESENTADO naqueles casos nos que o alumnado non acuda ó exame oficial da materia. Estudiante con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia No caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia que decida non asistir a clases, será avaliado nas dúas oportunidades como o resto do alumnado que se atopa nunha situación similar. Fraude A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a calificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera calificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria. Observación asistencia a actividades/eventos académicos A asistencia ás actividades académicas programadas no contexto da asinatura será obrigatoria e terase en conta na avaliación. Atención á diversidade: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise a adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Humanidades. |
|