Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir
co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e
sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus
Ferrol:
A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta
materia:
• Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte
informático.
• Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen
necesidade de imprimilos.
• En caso de ser necesario realizalos en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.
• Débese de facer un uso sustentable  dos recursos e a
prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
• Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar
valores de respecto e igualdade.
• Deberanse detectar situacións de discriminación e
propoñeranse accións e medidas para corrixilas. |