Para aprobar a asignatura é indispensable ter realizadas e aprobadas as partes por separado.
No
marco das metodoloxías incluiranse aspectos tales como asistencia a
clase, traballo persoal, traballos persoais proposto, ACTITUDE, etc.,
para axudar á obtención do aprobado.
É necesario superar o 50% da puntuación na proba obxectiva para aprobar.
A
cualificación correspondente a "Traballos tutelados" poderá fluctuar
entre o 40% indicado e un 90%, en consecuencia a "Proba obxectiva" pode
variar entre un 0% e o 50% indicado.
Na 2ª oportunidade e na convocatoria adiantada (decembro), a avaliación consistirá nunha única proba obxectiva cunha cualificación do 100%. Nestes casos non e necesario ter superadas as prácticas de laboratorio.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a calificación de suspenso '0' na materia e na convocatoria correspondente, invalidando así calquera calificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.
No caso de que algún alumno
non puidese por razón debidamente xustificada seguir esta metodoloxía
docente, deberá porse en contacto co profesor para realizar unha serie
de traballos e/ou unha proba obxectiva que permita validar os seus
coñecementos na materia.