Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir
co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e
sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: - Solicitaranse en formato virtual ou soporte informático - Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos - En caso de ser necesario realizalos en papel: - Non se empregarán plásticos - Realizaranse impresións a dobre cara - Empregarase papel reciclado - Evitarase a impresión de borradores
Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese
ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos
valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Incorpórase perspectiva de xénero na docencia desta materia. Traballarase
para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e
influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación e proporanse accións e medidas para corrixilas. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais,
psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario
e proveitoso á vida universitaria. |