Supervised projects |
O alumnado, agrupado en parellas, elaborará un traballo final consistente na concepción, creación e deseño de dúas personaxes para videoxogos.
Para isto, en cada sesión irase avanzando en traballos parciais, supervisados polo profesor, de acordo coa seguinte orde: 1. Planificación, 2. Deseño básico, 3. Evolución física 4. Evolución psíquica.
Finalmente, na última clase cada parella exporá e xustificará a súa proposta ante o profesor e os compañeiros/as de materia, que, á súa vez, avaliarán tamén o traballo presentado. |
Case study |
Facilitarase un glosario dos arquetipos máis utilizados na narrativa. O alumnado traballará de forma autónoma e individualmente nun videoxogo que deben analizar para identificar os arquetipos representados polos personaxes. Os resultados deben estar convenientemente xustificados, achegando as fontes consultadas. |
Oral presentation |
Como foi sinalado no apartado de traballos tutelados, na última clase as diferentes parellas, que foron traballando nos seus personaxes ao longo das distintas sesións, exporán e xustificarán a súa proposta ante o profesor e os compañeiros/as de materia, que, á súa vez, avaliarán e analizarán tamén o traballo presentado. |