Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Asignaturas
  MÉTODOS NUMÉRICOS
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas B2 B5 B6 B7 C1 C4 C6 A metodoloxía de dinámica de grupos aplicada a esta parte da materia permitirá a avaliación de traballo de preparación da sesión por parte do alumno, así como que se derive da súa participación nos debates que se susciten na resolución do caso.
Para os alumnos con Dispensa Académica esta parte da cualificación agregarase á proba mixta.
10
Proba mixta B2 B6 B7 Representa o 60% da nota e esta, á súa vez componse dun 40% do exame de teoría e un 60% pola parte de práctica.
No caso dos alumnos que non fosen avaliados nos outros apartados por ter Dispensa Académica, o exame final representa o 100% da nota, repartida en 40% teoría, 60% práctica.
60
Traballos tutelados B7 C1 C4 Evaluarase a puntualidade na entrega, a correción da solución proposta en termos de adecuación, eficiencia no cálculo, organización da información e presentación final. 30
 
Observacións avaliación

Tal como se di nos apartados correspondentes, os alumnos con dispensa académica serán evaluados exclusivamente mediante o exame final da materia na convocatoria ordinaria e, de ser o caso, na segunda oportunidade. En ambos casos a nota do exame representa o 70% da nota final da materia. O outro 30% corresponde ós traballos tutelados, que terán que ser entregados ó longo do curso, nas datas marcadas no calendario da materia.

Na convocatoria de segunda oportunidade, soamente se poderá realizar a proba obxectiva que computa como o 60% da nota final. Non son recuperables os traballos do curso.

Os alumnos que concorran á convocatoria adiantada serán cualificados mediante unha proba mixta que constará de unha parte de teoría cun peso do 40% e outra de práctica cun peso do 60%.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes