Guía DocenteCurso Escola Politécnica Superior |
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais |
Asignaturas |
ENXEÑARÍA DA REACCIÓN QUÍMICA |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | ENXEÑARÍA DA REACCIÓN QUÍMICA | Código | 730G04056 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A27 B7 B8 C4 C6 | Proba escrita presencial. Valorarase o coñecemento dos alumnos e a forma en que resolvan situacións e/ou problemas que se lles plantearán, relacionados coa materia. Valorarase especialmente a claridade e precisión na resolución dos aspectos da proba. |
70 |
Solución de problemas | A26 B4 B6 C4 | Esta actividade consistirá na resolución y entrega por parte do alumno de 4 problemas entregados polo profesor. | 30 |
Observacións avaliación | |||
A cualificación final de cada alumno será o resultado da ponderación, tal e como se indica máis arriba, das dúas metodoloxías que se empregan na avaliación: solución de problemas e proba mixta. Para superar a materia o alumno debe obter unha media ponderada igual ou superior a 5 puntos. Na proba mixta, que se valorará de 0 a 10 puntos, será necesario obter unha cualificación mínima de 4 puntos para facer a ponderación coa cualificación obtida na solución de problemas. Nos posibles casos nos que a media ponderada sexa igual ou superior a 5 pero cunha avaliación na proba mixta inferior a 4, a cualificación final será de 4,5. Na segunda oportunidade manterase a cualificación obtida na solución de problemas durante o cuadrimestre, polo que só é obxecto de mellora a "proba mixta". No caso dos alumnos de continuidade (que non tiveran superada a materia en cursos anteriores) non se considerará ningunha cualificación de cursos anteriores. É dicir: a súa avaliación abrangue exclusivamente ás actividades deste curso 22-23. Na convocatoria adiantada de decembro a avaliación da proba mixta constituirá o 100% da cualificación. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0’ na materia na convocatoria correspondinte, invalidando así calquera cualificación obtida en toda as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria. Os alumnos que obteñan dispensa académica, ao ter as mesmas responsabilidades que os demais, terán que realizar as mesmas probas que o resto: deberán realizar as mesmas metodoloxías e serán avaliados da mesma forma. No caso de que estes alumnos tiveran problemas (previa xustificación documental suficiente) para a realización das probas, acordaranse novas datas para a súa realización. |
|