Os alumnos con dispensa académica, ao non ter obrigacion de asistir ás actividades nas que se poida esixir presencialidade, terán que
presentar e defender igualmente os traballos e prácticas obrigatorias
diante do profesor en tutorias presenciais ou virtuais, nos mesmos
prazos que o resto dos alumnos.
A calificación de todos os alumnos, tanto na primeira coma na
segunda oportunidade, asi como na convocatoria adelantada, basearase na necesidade de obter polo menos
unha nota mínima de 1 punto na parte teórica e outro punto na parte práctica do exame
(máximo de 2 puntos en cada parte, cun total de 4 puntos) e ter
presentado e defendido correctamente e en prazo diante do profesor todalas prácticas
e/ou traballos obrigatorios para poder aprobar a asignatura.
A
realizacion fraudulenta das probas ou actividades de avaliacion
implicará directamente a calificación de suspenso '0' da materia na
convocatoria correspondente, invalidando asi calqueira calificacion
obtida en todas as actividades de avaliacion de cara á convocatoria
extraordinaria.
Os alumnos que non teñan entregado, defendido e aprobado todolas prácticas e/ou traballos obligatorios para a primeira oportunidade, deberán facelo para a segunda oportunidade e completar un boletín de exercicios adicional para dita convocatoria.