Workshop |
A2 A3 B1 B3 B8 B11 C1 C3 C6 C8 C9 |
Avaliarase o traballo práctico realizado no proceso de aprendizaxe e o aproveitamento da observación en relación cos contidos da materia, que se plasmará na elaboración dun caderno de laboratorio. Os talleres valoraranse mediante a participación en todas as sesións e a presentación do caderno correspondente. |
15 |
Guest lecture / keynote speech |
A2 A3 B1 B3 B8 B11 C1 C3 C6 C8 |
O seguimento das clases maxistrais de forma síncrona ou asíncrona por parte do alumnado valorarase mediante a súa participación en clase, a elaboración de resumos, e/ou a realización de tarefas ou probas obxectivas que serán comunicadas ao alumnado polo Campus Virtual. |
10 |
Mixed objective/subjective test |
A2 A3 A16 B1 B3 B8 B11 C1 C3 C6 C8 C9 |
As preguntas de ensaio puntúanse entre 0 e 1 e supoñen o 50% da nota da proba. As preguntas obxectivas de resposta única constitúen o outro 50% da nota. Tres preguntas non acertadas (ou fracción) restan unha acertada. As probas parciais deben superarse polo menos con 4 puntos para quedar exento de realizar a proba final. A proba final será única e relativa ao contido completo da materia. Para poder aprobar a materia, a nota da proba final debe ser igual ou superior a 4 puntos. O alumnado que non se presente a esta proba final na data oficial do centro obterá a cualificación de Non Presentado. |
60 |
A avaliación descrita (ITINERARIO ORDINARIO) é obrigatoria para todo
o alumnado con matrícula ordinaria na Primeira oportunidade (febrero).
Para a Segunda oportunidade (xullo) e na Oportunidade adiantada de
avaliación (decembro, ITINERARIO ADIANTADA), o alumnado pode elixir o
sistema de avaliación descrito para a primeira oportunidade (Entregando
nun prazo que se anunciará no Campus Virtual as actividades académicas
deseñadas para o curso que computan na avaliación) ou a avaliación
mediante un exame único que achegue o 100% da nota final (ITINERARIO
FINAL), indicándoo por escrito na proba mixta o día da data oficial para
a realización do exame. O alumnado con matrícula a tempo parcial (con
ou sen dispensa académica) pode acollerse a este último sistema de
avaliación (avaliación mediante un exame único que achegue o 100% da
nota final) tanto en Primeira como en Segunda oportunidade (ITINERARIO
TEMPO PARCIAL) e adiantada (ITINERARIO ADIANTADA). Avaliación ITINERARIO ORDINARIO (aplicable en Primeira e Segunda oportunidade): 1.- Proba mixta obrigatoria con nota superior a 4 puntos 60% 2.- Sesións maxistrais 10% 3.- Traballo tutelado 15% 4.- Obradoiro 15% Avaliación
ITINERARIO FINAL, ITINERARIO TEMPO PARCIAL e ITINERARIO ADIANTADA
(aplicable só en Segunda e Oportunidade adiantada para alumnado con
matrícula ordinaria e en Primeira, Segunda e Oportunidade adiantada para
alumnado con matrícula a tempo parcial): 1.- Proba mixta 100% A avaliación en segunda e posteriores matrículas do alumnado será a mesma que para primeira matrícula.
|