Teaching GuideTerm
Faculty of Nursing and Podiatry
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Subjects
  Bases for the Interpretation of Scientific Knowledge
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Problem solving A19 A20 B8 C7 C11 C13 Esta actividade corresponde á parte da materia de investigación cuantitativa (4 ECTS). Se realizarán probas de avaliación e boletíns de exercicios prácticos que deben resolver de xeito individual mediante a aplicación dos coñecementos traballados, valorándose con 5 puntos sobre 10 (nota máxima final da materia= 3.5 puntos). Valorarase:
- A entrega da totalidade dos traballos propostos
- A adecuación das respostas proporcionadas
- A presentación e a claridade na descrición dos resultados
- A utilización das ferramentas informáticas e os recursos web axeitados para a resolución do problema
No caso de detectar traballos ou respostas as preguntas coincidentes doutros ou coincidentes entre eles non se puntuarán.
35
Mixed objective/subjective test A18 A19 A20 B3 B8 B11 C6 C11 Na parte correspondente á materia de investigación cuantitativa (4 ECTS) realizarase unha proba escrita que se valorará con 5 puntos sobre 10 (nota final máxima da materia 3.5 puntos) que poderá incluír preguntas de resposta múltiple y/o resposta breve y/o resolución de exercicios de análise estatística de datos e interpretación de resultados, sobre os contidos desenvolvidos na materia

Na parte correspondente á materia de investigación cualitativa (2 ECTS) realizarase unha proba final que terá unha puntuación máxima de 7 puntos sobre 10 puntos (nota final máxima da materia 2.1 puntos). Será necesario acadar unha calificación mínima de 3.5 puntos (sobre 7) na proba final para poder superar a materia.
56
Supervised projects A18 B3 B8 B21 C13 Esta actividade corresponde á parte da materia de investigación cualitativa (2 ECTS) e a súa realización será de carácter obrigatorio. Consiste en realizar en grupos de 5 estudantes unha búsqueda de 2 artigos, un en castelán e outro en inglés, de investigación cualitativa, coa finalidade de levar a cabo unha análise metodolóxico dos artigos e unha posterior presentación na aula. Esta actividade terá unha puntuación máxima de 3 puntos sobre 10 puntos (nota final máxima da materia 0.9 puntos). Será necesario acadar unha calificación mínima de 1.5 puntos (sobre 3) na actividade para poder superar a materia. 9
 
Assessment comments

NOTA IMPORTANTE:

A materia Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico consta de 2 bloques:

  • METODOLOXÍA CUANTITATIVA (4 ECTs) 70% da nota final, Prof. Dra. Teresa Seoane Pillado e Prof. Dra. Sonia Pértega Díaz.
  • METODOLOXÍA CUALITATIVA (2 ECTs) 30% da nota final, Prof. Dra. Carla Freijomil Vázquez (Coordinadora da materia).

Para aprobar a materia é necesario superar cada unha das 2 partes individualmente. A nota final calcularase en función ao peso en créditos ECTS de cada unha das partes.

No caso de que non se supere unha das dúas partes da materia, a nota que figurará será a calificación obtida tras a ponderación de cada parte si é inferior a 5, noutro caso a nota será un 4,5. Na 2ª oportunidade manterase aprobada a parte que se teña superada na 1ª oportunidade dentro da misma convocatoria.

1ª MATRÍCULA (PRIMEIRA Y SEGUNDA OPORTUNIDADE):

Metodoloxía cuantitativa: a puntuación mínima para superar este módulo será de 5 puntos. A metodoloxía de avaliación descrita é obrigatoria para os/as alumnos/as de matrícula ordinaria en primeira oportunidade y outras.

Outros aspectos e criterios que poderán terse en consideración na avaliación das actividades que se realizarán entorno a dita metodoloxía son: asistencia, participación e compromiso individual e grupal, coherencia dos contenidos abordados, coñecementos demostrados nas probas e exames teóricos e prácticos e competencias referidas para esta asignatura.

Metodoloxía cualitativa: na primeira oportunidade, o alumnado de primeira matrícula deberá realizar o traballo tutelado e a proba final. Para superar esta parte da materia terá que aprobar o trabajo tutelado e a proba final de forma independente. Na segunda oportunidade, ao alumnado de primeira matrícula que superase o traballo tutelado na primeira oportunidade, se lle manterá a nota do mesmo e poderá presentarse á proba final, na que deberá acadar unha calificación mínima de 5 puntos para superar esta parte da materia. Na segunda oportunidade, o alumnado de primeira matrícula que non superase o traballo tutelado na primeira oportunidade, poderá presentarse a unha proba final na que terá que obter unha calificación mínima de 5 puntos.

2ª MATRÍCULA E POSTERIORES. MATRÍCULA PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIA:

Os/as estudantes poderán solicitar dispensa académica.

Os/as estudantes de matricula parcial deberán poñerse en contacto coas profesoras ao inicio do curso.

Metodoloxía cuantitativa: o alumnado en 2ª matrícula ou posteriores, así como aquel con matrícula parcial ou dispensa académica, poderá acollerse ao sistema de avaliación establecido para primeira matrícula. De non facelo, poderá superar a materia na oportunidade de xullo (2ª oportunidade) exclusivamente, mediante a avaliación do examen. Para iso, multiplicarase a nota do exame final por un factor corrector de 0,8 e o resultado será a calificación obtenida. O/a alumno/a deberá comunicar as docente da materia que opta por esta opción de avaliación antes da oportunidad de xullo.

Metodoloxía cualitativa: o alumnado en 2ª matrícula ou posteriores, así como aquel con matrícula parcial ou dispensa académica, poderá acollerse a unha das seguintes opcións de avaliación: 1) Realizar o traballo tutelado e a proba final, tendo que superar ambas actividades de forma independente, ou 2) Presentarse a unha proba obxectiva na que deberá acadar unha puntuación mínima de 5 puntos para superar a materia.

OPORTUNIDADE ADELANTADA:

Metodoloxía cuantitativa: os/as alumnos/as deberán examinarse por escrito a través dun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas na Xunta de Facultade, a puntuación mínima para superar este módulo será de 5 puntos. 

Metodoloxía cualitativa: a avaliación consistirá nunha proba obxectiva sendo necesario acadar 5 puntos para superar a materia.

MATRICULA DE HONRA:

Se outorgará ás puntuacións máis elevadas superiores a 9 obtidas unha vez ponderadas e sumadas as dúas partes da materia. As docentes da materia poderán considerar criterios adicionais en caso de igualdade de condicións e habendo máis aspirantes que matrículas. Os/as aspirantes poderán ser convocados/as a unha prueba voluntaria obxectiva para asignar as matrículas de honra ás mellores calificacións.

NON PRESENTADO:

A calificación de Non Presentado corresponderá ao/á estudante que non realizase a proba mixta na parte de investigación cuantitativa e/ou que non realizase a proba final na parte de investigación cualitativa.

FRAUDE:

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación continua, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" en dita proba ou actividade na oportunidade correspondente, invalidando a súa cualificación tamén para oportunidades sucesivas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes