Asignatura orientada a esclarecer a aportación dos enfermeiros que traballan no eido familiar e comunitario. Pretende afianzar unha visión salutoxénica da saúde e dos coidados, proporcionando ferramentas para promover a saúde a nivel individual e familiar, o empoderamento de pacientes e a potenciación de activos en saúde; así coma para a planificación de intervencións para promover a saúde a nivel comunitario, a partir do diagnóstico de saúde de unha comunidade e da utilización dos recursos epidemiolóxicos dispoñibles. Dado o patrón de cronicidade actual traballase tamén dende a perspectiva da prevención da enfermidade, complicacións e secuelas. Os coidados de enfermaría neste ámbito están orientados á promoción do autocuidado, á prevención dos déficits de autocoidado e á facilitación do compromiso coas conductas promotoras de saúde que integran un estilo de vida saudable.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.