Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Podoloxía Preventiva [a extinquir]
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A17 A18 B2 B3 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Exame de 50 preguntas test. Cada pregunta test, só contén unha única resposta correcta. En caso de existir dúas ou máis respostas que poidesen considerarse correctas, a resposta correcta única será aquela que sexa máis completa ou elimine aspectos contradictorios. Cada 2 preguntas non acertadas eliminan 1 resposta acertada. As preguntas en branco non restan. Tódalas respostas deben respostarse na plantilla. Non se terán en conta aquelas respostas que non figuren na plantilla. As respuestas deben marcarse na plantilla cun X, abarcando todo o cadro da resposta seleccionada. Eliminaránse tódalas respostas da plantilla que conteñan máis dunha resposta ou conteñan borróns ou tachaduras que xeren incerteza sobre cal foi a resposta marcada. Cada pregunta ten un valor de 0.2 puntos. 100
 
Observacións avaliación
Materia en extinción para alumnado que se atopa cursando o plan antigo do Grao en Podoloxía, correspondente a memoria do ano 2009, sendo o sistema de avaliación o seguinte:

1) COMISIÓN DE FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS:

1. 1. Se durante a realización dunha proba de avaliación o profesorado responsable teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, acopia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantado ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor.

1.2 Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, logo de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro.

1.3 A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.

1.4. Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese ter lugar tras o correspondente procedemento.


2.  CONVOCATORIA ORDINARIA, OPORTUNIDADE ADIANTADA E SUCESIVAS CONVOCATORIAS:

2.1 Cómpre obter no exame test da materia unha puntuación, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a).

2.2 As cualificacións dos seminarios e prácticas de laboratorio non computarán, aínda que será necesario ter superadas as actividades para aprobar a materia en oportunidades e convocatorias anteriores.


3. CALIFICACIÓN NON PRESENTADO

3.1 O alumnado que non asistira e superara as prácticas de laboratorio e seminarios nas convocatorias anteriores, para avaliación outorgarase automáticamente a calificación de non presentado, así coma nesta convocatoria non acuda a o exame test de materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes