Este guía docente correspóndese coa materia de podoloxía deportiva do plan 2009 que se atopa xa en extinción polo que os estudantes coa materia pendente que pertenzan ao devandito plan poderán superar a materia mediante a superación do exame nas convocatorias correspondentes, exame que supón o cento por cento da cualificación final.
O temario para o devandito exame correspóndese co temario do curso 2021/2022 temario que se poñerá a disposición no campus virtual para dos estudantes teñan esta materia pendente do plan 2009.
A cualificación de Non Presentado outorgarase no caso de que non se presente ao exame
A cualificación de matrícula de honra, dado o seu carácter graciable, concederase automáticamente ao alumnado que obteña un 10 na cualificación media da materia. De darse o caso de que haxa máis alumnos/as con esa cualificación que matrículas se poidan outorgar pola cota oficial establecida, convocarase a todos os alumnos/as para a realización dunha proba específica de desempate, que consistirá en unha proba de características similares ás da proba mixta, exame que se fixará en data e hora de acordo cos interesados/as. En caso de non existir ningún alumno/a con cualificación de 10, todo o alumnado que obteña unha cualificación media igual ou superior a 9,0, poderán optar á matrícula de honra previa solicitude ao profesor e mediante a superación da proba anteriormente descrita. No caso de que non existan solicitudes expresas de opción a matrícula, o profesor se reserva a potestade de outorgalas naqueles casos que, cumprindo o requisito de cualificación por encima de 9,0, puidesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a actitude demostradas durante o desenvolvemento da materia
Oportunidade adiantada de avaliación: O alumnado que se atope nos supostos recollidos na normativa de xestión académica da UDC dispoñerá desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita de características similares á recollida na descripción da avaliación que terá, nesta oportunidade, un peso do 100% da cualificación final
PLAXIO: Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a. O alumnado que incurra en plaxio será cualificado con suspenso (0,0) na actividade, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento disciplinario recollido na normativa de UDC.