O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións:0-4.9=Suspenso,5-6.9=Aprobado,7-8.9=Notable,9-10=Sobresaliente,9-10 Matrícula de Honra (Graciable). Outorgarase Matrícula de Honra Graciable, ao alumno coa maior puntuación global sempre que sexa maior de 9. No caso de que o número de matrículas que se poidan outorgar sexa menor que o número de alumnos coa maior puntuación global, outorgarase matricula de honra a aqueles alumnos coa maior nota no exame. Se continua sendo menor o número de matriculas de honra que se poden outorgar terase en conta a nota dos talleres nos que se realizaban presentacións orais.
É necesario obter o 70% das respostar correctas na proba de resposta múltiple para que se poda sumar o porcentaxe de obradoiro e solución de problemas. É dicir, é necesario ter 35 preguntas correctas de 50. No caso de que se elimine algunha pregunta, o aprobado corresponde ao 70% das respostas correctas.
Se o alumno non alcanza o 70% das respostas correctas na proba de resposta múltiple, a nota final da asignatura será a da proba de resposta múltiple.
Alumnos con matrícula tempo parcial (deben mandar e-mail ao profesor indicando a súa situación ao principio do curso), alumnos SICUE/ERASMUS e dispensa académica: a avaliación dos talleres realizarase pola entrega dos exercicios expostos en cada taller na plataforma do campus virtual. A avaliación da solución de problemas será acordada co o alumno en duas posibles datas. A avaliación da proba de resposta múltiple realizarase seguindo as indicacións desta guía.
Alumnos con segunda oportunidade e segunda matrícula e posteriores (deben mandar e-mail ao profesor indicando a súa situación ao principio do curso): A evaluación dos talleres e solución de problemas poderase manter da matrícula anterior. Tódolos alumnos terán que facer nalgunha convocatoria a solución de problemas e os talleres. Poderase subir a nota volvendo realizar os exercicios expostos nos talleres nesa matrícula. A avaliación da proba de resposta múltiple realizarase seguindo as indicacións desta guía.
Considerarase non presentado: aquel alumno que entregue menos do 50% dos exercicios expostos no taller e non asista ao exame final.