Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Biomecánica do Membro Inferior
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A86 B24 B25 B28 C9 C17 Exame práctico no laboratorio de prácticas de Biomecánica. Realizarase por parellas e consistirá en duas preguntas de execución práctica. O/a alumno/a reproducirá o procedemento, técnica ou método explicado e desenvolvido ó longo do cuatrimestre nas clases prácticas. 20
Proba mixta A84 A85 A86 B24 B25 B32 B39 C9 C11 C17 Exame escrito con preguntas obxectivas e de desenvolvemento. 60
Seminario A85 A86 B24 B39 C9 Presentación oral en horarios de clase dun traballo en grupo. Entrega dun portafolios individual ó final do cuatrimestre e realización de cinco cuestionarios ó longo do cuatrimestre. 20
 
Observacións avaliación

As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas
modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia

  • SUPERACIÓN DA MATERIA
    • Para superar a materia  é necesario que o alumno obtivese a cualificación de 5 ou superior en:
      • 1-
        proba escrita (mixta). É o exame teórico que se efectuará ao finalizar o
        cuadrimestre na data aprobada por Xunta de Facultade.  Como mínimo se
        deberá alcanzar en cada parte un 50% da calificación asignada
      • 2- Proba práctica. O mesmo día do exámen teórico e a continuación realizarase o exame práctico.
  • CONDICIÓN DE ALUMNO/A NON PRESENTADO/A 
    • Considerarase como “Non presentado” (NP) aquel/a estudante que, estando matriculado non concorra ás distintas actividades de avaliación establecidas. En ausencia de regulación específica (en caso de regulación específica para o Grao de Podoloxía, seguirase ésta), considerarase que deberá ser cualificado como “Non presentado”:
      a) cando non completase o proceso de avaliación continua nas condicións que figuran nesta guía.
      b) cando non se presente ás proba do período oficial de avaliación.
    •  Se o/a alumno/a se presenta so a unha das
      partes, aparecerá na acta como suspenso. De aprobar unha das partes e suspender a outra, gárdase a parte aprobada ata a convocatoria de xullo.
  • MATRICULAS DE HONRA
Poderán
obter matrícula de honra (MH) aqueles/as alumnos/as que obtivesen un 9 ou
cualificación superior. Concederase esta cualificación ás mellores
notas, tendo en conta a posibilidade de outorgar unha matrícula de honra
cada 20 alumnos.
  • ALUMNOS/AS CON MATRÍCULA PARCIAL Aqueles/as alumnos/as con matrícula parcial veranse sometidos ós mesmos criterios.
  • SEGUNDA OPORTUNIDADE
    A superación dalgunha das partes (teórica ou práctica) a través da proba escrita ou proba práctica por parte do/a alumno/a na primeria oportunidade [enténdese cunha calificación de 5 ou superior] gardarase só ata a segunda oportunidade. Na segunda oportunidade examinarase só da suspensa pero de suspender de novo nesta segunda oportunidade, non se gardará a aprobada en primera oportunidade para a nova matrícula. Quedará pendente para o seguinte curso tanto a parte teórica coma a práctica.
  • SEGUNDA MATRÍCULA
    O/a alumno/a ten dereito a iniciar o proceso de avaliacion (continua e final) de cero. Non obstante pode elexir que se lle garde algunha ou todas as calificacións da avaliación continua.
  • CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE DECEMBRO
    O/a alumno/a examinarase a través dun exame teórico (proba mixta) e dun examen práctico (proba práctica).
  • PLAXIO. IMPLICACIÓNS A realización fraudulenta por parte do/a alumno/a das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria.
  • DISPENSA ACADÉMICA Aqueles/as alumnos/as ós que lles sea concedido dispensa académica, só acudirán obligatoriamente para a realización das probas práctica, mixta e presentación oral. Este principio aplicarase tamén ós alumnos/as de SICUE-ERASMUS.
  • PARA
    Os RESTANTES CRITERIOS NON EXPOSTOS RELATIVOS Á AVALIACIÓN, SEGUIRANSE
    As NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS
    ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO
    Aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013
    Modificada polo Consello de Goberno do 30 de abril de 2014
    Modificada polo Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014
    Modificada polo Consello de Goberno de 29 de xaneiro de 2015
    Modificada polo Consello de Goberno de 28 de setembro de 2016
    Modificada polo Consello de Goberno de 29 de xuño de 2017
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes