Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Ortopodoloxía Clínica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A103 A104 A106 O alumnado debe superar a proba práctica da materia cun 50% da avaliación total da mesma para superar a materia 20
Obradoiro A103 A104 B24 B39 Avaliarase a presencialidade e participación do alumnado nas diferentes actividades realizadas nos obradoiros. Non é obrigatoria a asistencia aos obradoiros para superar a materia, pero si avaliable. 10
Prácticas clínicas A103 A104 A105 A106 B30 B32 B39 C9 C13 C15 SERÁ OBRIGATORIO A ASISTENCIA Á TOTALIDADE DAS PRÁCTICAS CLÍNICAS PARA SUPERAR A MATERIA.
Avaliarase a presencialidade e participación do alumnado nas mesmas. O alumnado que teña faltas de puntualidade e de actitude durante as prácticas, será penalizado en cada ocasión, sobre a nota de prácticas.
Ao comezo de curso elaborarase un calendario de prácticas por grupo. É necesario obter, polo menos, un 50 % da calificación total desta metodoloxía para superar a materia
20
Traballos tutelados A105 B39 C9 C16 Avaliarase o interese do tema, a procura bibliográfica e a estrutura e contido do traballo. O alumnado deberá expoñer de forma oral o traballo e a exposición tamen computará na avaliación. Salvo causa xustificada todo o alumnado debe estar presente na exposición dos traballos.
Ao comezo de curso fixarase a data límite de entrega de traballos e a data de exposición . É necesario obter, polo menos, un 50 % da calificación total desta metodoloxía para superar a materia
10
Proba obxectiva A103 A105 A106 A110 B28 Devandito exame realizarase sobre a totalidade dos contidos da materia e todos os contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais, como en obradoiros, prácticas clínicas e exposición de traballos tutelados.
É necesario obter, polo menos, un 50% da cualificación total da proba obxectiva para superar a materia.
15 días antes da proba facilitaráselle ó alumnado as indicacións, tipo de preguntas e puntuación das preguntas do examen.
40
 
Observacións avaliación

PARA SUPERAR A MATERIA É NECESARIO:



- PRÁCTICAS CLÍNICAS: Asistir á totalidade das prácticas clínicas. A FALTA DE ASISTENCIA INXUSTIFICADA A ALGUNHA DAS PRÁCTICAS SEGÚN O CALENDARIO MARCADO Ó INICIO DE CURSO SUPORÁ O SUSPENSO DA MATERIA.

- PROBA PRÁCTICA: Superar a proba práctica cun 50% da cualificación total desta.



- TRABALLOS TUTELADOS: Realizar o traballo tutelado de acordo ás pautas
do profesor. Obter, polo menos, un 50% da cualificación total do traballo
tutelado. E obrigatorio a asistencia á exposición dos traballos tutelados,
salvo causas xustificadas.



- PROBA OBXECTIVA: Superar a proba obxectiva cun 50% da cualificación
total desta.





É NECESARIO QUE A SUMA DE TÓDALAS METODOLOXIAS OBTEÑAN UN 50% DA
CUALIFICACIÓN TOTAL DA MATERIA

A FALTA DE ASISTENCIA ÁS PRÁCTICAS CLÍNICAS OU PROBAS DE AVALUACIÓN TAN SO ESTARÁN XUSTIFICADAS POLAS SEGUINTES CAUSAS: 

a) Enfermidade ou lesión que incapacite para a realización da práctica ou proba (indispensable previo aviso á docente a través do correo electrónico e xustificante médico do mesmo día ou anterior á falta). 

b) Falecemento dun familiar ata o terceiro grao ata catro días antes. 

c) Citación xudicial que coincida coa data da práctica ou proba.

d) Asistencia como membro a unha sesión do Claustro, do Consello Social, Consello de Goberno ou de calquera órgano colexiado de goberno da UDC ou de calquera órgano onde se acuda en representación da UDC, que coincida coa data da práctica ou proba.

e) Participación en competición deportiva como deportista de alto nivel ou alto rendemento, ou como deportista da UDC participando en competicións de ámbito autonómico ou superior.

f) Asistencia a unha mobilización estudiantil cando coincida coa realización dunha tarefa ou actividade cuxa inasistencia afecte á cualificación da materia. En todo caso naqueles termos que regulen os órganos de goberno da Universidade.

MATRICULA DE HONRA. O alumnado con nota igual ou
superior a 9 poderán optar a matrícula de honra. A decisión tomarase pola nota
máis altas. De existir empate tomarase como referencia a nota máis alta das
metodoloxías dende as de máis peso as de menor peso na avaliación.



NON PRESENTADO. O alumnado que non curse ou participe en ningunha das
metodoloxías de avaliación será avaliado como "NON PRESENTADO".



MATRICULA PARCIAL. Para superar a materia deben superar nun 50% a nota
da proba obxectiva, o 50% da nota das prácticas clínicas e o 50% da proba práctica. A asistencia
ás prácticas clínicas é obrigatoria. O traballo tutelado teñen a
posibilidade de facelo de modo individual. É obrigatorio a exposición e a
asistencia ó día da exposición dos traballos, salvo causas xustificadas. A
asistencia ós obradoiros pode ser sustituida pola realización dun traballo a
acordar co profesor. O alumnado debe informar ó profesor desa situaciónn o inicio das clases. É necesrio obtener un 50% de la calificación global de la asignatura.

DISPENSA. O alumnado con solicitud de dispensa ten a obriga de asistir
á totalidade das prácticas clínicas. A avaliación das prácticas clínicas e a proba práctica será a mesma que para o resto do alumnado, tendo que superar as mesmas nun 50%. E terá a opción de ser
avaliado do resto das competencias na proba obxetiva (60%),
sendo requisito imprescindible para superar a materia aprobar cunha puntuación
igual ou superior ó 50%. Neste caso a proba obxetiva contará con preguntas tipo
test e pregunta escrita.



OPORTUNIDADE ADIANTADA. O alumnado que non teña pendente mais de 12
créditos, de materias das que xa estivese matriculado nalgún curso académico,
ou de 18 créditos correspondentes ás prácticas, ademais do TFG, para finalizar
os seus estudos poderá concorrer a unha oportunidade adiantada de avaliación,
que se realizará antes da finalización das actividades académicas do 1º
cuadrimestre, naquelas datas que se establezan no calendario académico aprobado
polo Consello de Goberno. Os criterios de avaliación serán os mesmos que para o
resto do alumnado.



2º O POSTERIORES OPORTUNIDADES. O alumnado presentado a 2º ou
posteriores oportunidades gardaráselles as notas da parte de proba práctica,
obradoiros, traballos tutelados e exposición oral sempre que participase e
superase as diferentes actividades.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes