Teaching GuideTerm Faculty of Nursing and Podiatry |
Grao en Podoloxía |
Subjects |
Dermatology |
Methodologies |
|
|
Identifying Data | 2022/23 | |||||||||||||
Subject | Dermatology | Code | 750G02124 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 1st four-month period |
Third | Obligatory | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Description |
Guest lecture / keynote speech | A sesión maxistral consistirá en clases teóricas expositivas con métodos audiovisuais de apoio (presentacións, vídeos,...). Facilitarase ao alumnado o material cos contidos teóricos básicos da materia, así como material para traballar na aula ou fóra dela. |
Seminar | Os seminarios consistirán en actividades grupais onde se traballarán aspectos e conceptos relacionados co exposto na clase maxistral ou conceptos complementarios a estes. Favorecerase a participación e interacción profesor-alumno/a. |
Supervised projects | Realizarase e exporá un traballo tutelado obrigatorio en grupo relacionado con algún dos apartados do temario e/ou relacionado coa dermatoloxía. As pautas para a súa realización así como a data e formato de entrega detallaranse ao comezo do cuadrimestre e publicarase na plataforma virtual da UDC. Na cualificación final individual de cada un dos alumnos/as que compón o grupo de traballo tutelado considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, capacidade de síntese e de crítica, adecuación e actualización da bibliografía consultada, claridade na exposición, capacidade de explicar adecuadamente o tema tratado. É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar o traballo tutelado. A non realización do traballo tutelado supón o suspenso da materia. Neste caso o alumno/a deberá responder na convocatoria de xullo a un cuestionario tipo test relacionado cos traballos tutelados realizados por todo o alumnado. |
Objective test | Realizarase unha proba obxectiva presencial tipo test en data aprobada e publicada en calendario académico. Esta proba constará de 2 partes e será necesario superar ambas as partes para poder facer media e dar por superada a proba obxectiva e superar a materia. A proba obxectiva poderá incluír cuestións relacionadas cos contidos tratados nas sesións maxistrais, cos seminarios e con todos aqueles temas de interese que os profesores indiquen e que deberán ser traballados polo alumnado. O día da súa realización facilitarase a información relativa á puntuación das preguntas así como as pautas da proba. É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba obxectiva. |
|