Para superar a materia é
necesario realizar e superar a totalidade das prácticas de laboratorio así
como superar a proba mixta (nota que supón o 60 % da nota total da
materia ondeserá preciso acadar unresultado igual ou superior o 60% de respotas
correctas do test). Unha vez superadas as prácticas e a proba mixta, para
superar a materia será necesario obtener unha nota media total igual ou
superior ao 50% (nota numérica de de 5 sobre 10) da cualificación total
da materia, nota que incluirá a avaliación das metodoloxias
da proba mixta, prácticas de laboratorio, seminarios e traballos
tutelados.
No caso de non superar a proba mixta
(resultado que supón obter menos do 60% das respostas correctas do test, sobre
o 60% da nota total da materia), non se poderán sumar a esta nota, a nota
resultante do resto de metodoloxías avaliadas (prácticas de laboratorio,
seminarios e traballos tutelados), mentras non se supere esta proba mixta. A a
nota resultante do resto de metodoloxías avaliadassupón o 40% da nota total da
cualificación da materia, polo tanto a materia non se pode considerar
superada.
Para que as actividades propostas de cada
metodoloxía poidan ser avaliadas o alumnado entregará estas actividades
propostas en tempo e forma.
Os coñecementos a avaliar incluen os
contidos tratados nas clases maxistrales, nos seminarios, nas prácticas de
laboratorio, nos traballos tutelados, así como o material de traballo e as
diapositivas que a profesora entrega o alumnado e que está colgado nas
plataformas telemáticas dispoñibles para a materia, e ademáis os contidos da
bibliografía recomendada. Aconsellase o alumnado completar toda a información
proporcionada anteriormente consultando as fontes de información para a
materia.
No caso de non presentarse ou non superar
a proba mixta na primeira oportunidade, e ter superadas as prácticas, as
cualificacións das prácticas, seminarios e traballos tutelados (que supoñen o
40% da nota total da materia), gardarase, e esta cualificación computarán na
segunda oportunidade, sempre que nesta segunda oportunidade se
supere a proba mixta (que supon o 60% da nota total da materia, onde será
preciso acadar un resultado igual ou superior o 60% de respostas correctas do
test).
Matricula de honra. As condicións para a obtención dunha matricula de
honra son que o alumno obteña unha nota igual ou superior a 9,5 da
cualificación numérica da materia, sexa a mellor cualificación da clase na
oportunidade avaliada e a súa evolución curricular fose significativa.
Non presentado.O alumnado que non realice o 100% das prácticas
de laboratorio, será avaliado como “Non Presentado”, independientemente
da sua participación noutras actividades incluindo a proba mixta.
2ª Oprtunidade: O alumnado que se presente a 2ª oportunidade, previa
realización e superación das prácticas de laboratorio, e outras actividades
(seminarios, traballos tutelados), aplicaraselle os mesmos criterios e
porcentaxes que na primeira oportunidade. Para que estas porcentaxes
computen na nota final da materia, terá que superar a proba mixta acadando unha
puntuación do 60% das respostas correctas do examen test.
O alumnado que non realizou e
superou as prácticas de laboratorio, para superar a materia terá que
realizar obligatoriamente e superar estas prácticas no seguinte curso
académico, tendo en conta que pode volver cursar toda a materia
novamente ou presentarse só as partes que non realizou e as que non superou con
apto, ademáis de ter que facer a proba mixta.
Convocatorias de segunda e posteriores
matrículas: Para aqueles alumnos/as que cursen a
materia e teñan superadas as prácticas obrigatorias de forma completa coa
cualificación de apto, e o resto de actividades, gardaraselle as notas das
partes superadas, e neste caso terá que facer a proba mixta, unha vez superada
computará co resto de das cualificacións superadas. Para
superar a materia o estudante deberá realizar e superar as prácticas de
laboratorio e a proba mixta.
Alumnado en matrícula parcial: O alumnado en matrícula parcial debe de comunicalo
obrigatoriamente ao profesor responsable da materia ao comezo do curso. Para
este alumnado e todos os demáis é obrigatorio asistir o 100% da realización das
prácticas de laboratorio. Este alumno/a debe ter en conta que na sua
condición a presencialidade e participación nas diferentes
actividades da materia e opcional, non obstante a cualificación dos
seminarios e traballos tutelados pode obterse mediante a realización de
traballos dirixidos que o alumno/a realizará de forma individual e autónoma,
previo acordo coa profesora ó inicio do curso. Para poder ser avaliado o
alumnado terá que entregar as actividades propostas para cada metodoloxía en
tempo e forma. Neste caso o alumnado, pode acollerse a modalidade de
avaliación ordinaria, ou a de aplicación dos seguintes porcentaxes: Proba mixta
computará na avaliación o 75%, prácticas de laboratorio o 15%, e traballo
tutelado o 10%.
Dispensa académica: No caso do alumnado con condición de dispensa a
asistencia ós seminarios sustituiranse pola realización de un traballo sobre un
tema relacionado coa materia de Quiropodoloxía II, acordado e planificado coa
profesora ó inicio do curso. Para este alumnado, igual que todos os
demáis é obrigatorio asistir o 100% da realización das prácticas de
laboratorio. As porcentaxes aplicadas na avaliación serán as seguintes: A proba
mixta computará o 75%, a realización das prácticas de laboratorio un 15% e o
traballo tutelado o 10%. Para poder ser avaliadas o alumnadoterá
entregara as actividades propostas para cada metodoloxía en tempo e forma.
Convocatorias da oportunidade
adiantada de avaliación : Aqueles alumnos/as que solicitasen a
oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos, concédaselle e
teñan superadas as prácticas, poderán presentarse a proba mixta. Neste caso os
criterios de avaliación serán os mesmos que para o resto de alumnos.
Estudiantes de movilidade-intercambio (Sicue, Erasmus, bilateral) No caso do alumnado con condición de
estudiante de movilidade debe de comunicalo obrigatoriamente ao profesor
responsable da materia ao comezo do curso. Para este alumnado e todos os demáis
é obrigatorio asistir o 100% da realización das prácticas de laboratorio. Este
alumno/a debe ter en conta que na sua condición a
presencialidade e participación nas diferentes actividades da
materia e opcional no caso de solapamento de horarios, non obstante
a cualificación dos seminarios e traballos tutelados pode obterse mediante a realización
de traballos dirixidos que o alumno/a realizará de forma individual e autónoma,
previo acordo coa profesora ó inicio do curso. Para poder ser avaliado o alumnado terá
que entregar as actividades propostas para cada metodoloxía en tempo e forma.
Neste caso o alumnado, pode acollerse a modalidade de avaliación
ordinaria, ou a de aplicación dos seguintes porcentaxes: Proba mixta computará
na avaliación o 75%, prácticas de laboratorio o 15%, e traballo tutelado
o 10%.
Plaxio. Na realización dos traballos da materia o plaxío e a utilización de material non orixinal incluído aquel obtido a través
da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o
permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo
iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber
lugar tras o correspondente procedemento.
.