Prácticas a través de TIC |
A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B9 B12 |
Prácticas individuais utilizando as TICS |
50 |
Supérase a asignatura por medio da avaliación continua:
Superando as diferentes actividades de avaliación continua (en grupo, individuais, colaborativas e mediante as TICS). Establécese un traballo autónomo do 50% das prácticas fora da aula e un traballo autónomo e/o colaborativo que constitúe o 50% da nota desenrolando as actividades anunciadas nas plataformas online que corresponde coa entrega nos días lectivos de clase. (100% avaliación contínua que constitúe: 50% traballo autónomo non presencial e o 50% traballo autónomo e/ou en grupo mixto).
Escollese fazer as actividades de avaliación contínua, correspondendo a nota a suma da cualificación de todas as actividades.
Os profesores encargados desta materia poñerán a disposición dos estudantes as normas para o desenvolvemento dos traballos propostos para a súa avaliación continua.
Considérase que o alumnado está dentro da avaliación continua e, polo tanto, aplicarase o esquema de avaliación anterior se realizou os traballos no período lectivo nas datas fixadas para o seu desenvolvemento e entrega.
Para aprobar a materia, a nota final debe ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
Na segunda oportunidade, os estudantes suspendidos terán que entregar unha versión mellorada dos traballos indicados polo profesor asignado, entregaranse o traballo/s 7 días antes da data oficial do exame. Unha vez publicadas as notas da primeira oportunidade, os estudantes deberán poñerse en contacto co profesor asignado nun máximo de 2 días despois de que as notas sexan publicadas, para que o profesorado poida indicar as orientacións adecuadas para os estudantes. O día do exame, fixado pola UDC, o alumnado poderá ser convocado para responder a unha serie de preguntas do traballo presentado e / ou preguntas teóricas, plantexadas polo seu profesor, a través de TEAMS (procedendo á gravación da devandita sesión). Os estudantes a tempo parcial e a xornada completa, estudiantado de dispensa académica e outra tipoloxía de alumnado recoñecida pola normativa da UDC, aplicarán o mesmo sistema de avaliación.
Lembrase que calquera estudante sorprendido ao realizar as probas de avaliación continua mediante calquera procedemento fraudulento terá asignada unha nota de cero na devandita actividade de avaliación continua (tanto na primeira como na segunda oportunidade)
As regras establecidas para estudantes xerais son as mesmas que para estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, exención académica de exención de asistencia ou calquera outro tipo de alumnado recoñecido.
O seguimento e avaliación continua por parte dos alumnos realízase durante o período lectivo das clases, así como a impartición, clases impartidas por profesores. Os estudantes deberán completar as actividades de avaliación continua segundo as regras e datas establecidas polos profesores para calcular as datas fixadas para a primeira oportunidade. Para a segunda oportunidade, o alumnado debe ter seguido a docencia durante o curso (datas escolares para a docencia), ter entregado e realizado actividades de avaliación continua para que poidan mellorar na segunda oportunidade segundo as instrucións do profesorado.
|