I. CRITERIOS XERAIS DE AVALIACIÓN 1. Do volume total do traballo do estudantado nesta materia, unha grande parte corresponde ao traballo individual ou en grupo que o propio estudantado se compromete a realizar sen a presenza da persoa encargada da docencia. 2. A avaliación da aprendizaxe debe comprender tanto o proceso como o resultado obtido, tendo en conta sempre que a maneira de avaliar condiciona o método de aprendizaxe e inflúe na propia aprendizaxe. 3. A proba escrita obxectiva avalía o resultado obtido, mais non permite avaliar con exactitude o proceso de aprendizaxe. Precisamente por isto, valorarase o rendimento e as aprendizaxes acadadas a través da combinación entre actividades de avaliación formativa e de avaliación final, de modo que a cualificación será o resultado da avaliación continua e da realización dunha proba final. 4. A avaliación continua implica valorar o esforzo e o proceso na aprendizaxe por medio da participación do estudantado. 5. A proba obxectiva implica valorar os resultados da aprendizaxe.
II. CRITERIOS ESPECÍFICOS DA AVALIACIÓN
1º) A puntuación total da asignatura comprende dúas partes : a proba obxectiva que representa o 50% da nota, e o conxunto de prácticas realizadas durante o curso ,que comprenderá o 50% restante. A entrega das prácticas para a súa valoración polo profesor só poderá realizarse na plataforma Moodle e dentro do plazo indicado en cada caso polo profesor.
2º) É imprescindible acadar o 50% da cualificación correspondente a cada un dos apartados a avaliar para que se sumen as diferentes metodoloxías de cara a obter unha nota media final. De non conseguir o mínimo esixido nalgunha das partes, o alumno non superará a matería.
3º) O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá cumplir cos mesmos requisitos que o resto do alumnado, ao non ter ponderación na súa avaliación a asistencia presencial a clase.
III. SEGUNDA CONVOCATORIA: Na convocatoria de Xullo os alumnos deberán examinarse da parte da asignatura que non superasen na convocatoria ordinaria, gardándose a nota da parte superada. É dicir: de ter superada a proba obxectiva, deberían entregar o portafolios; de ter superado o portafolios, deberían realizar a proba obxectiva; de non ter superada ningunha, deberán superar ambalas dúas.