Proba obxectiva |
A1 A14 A27 B1 C1 C4 |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. |
85 |
I. CRITERIOS XERAIS DE AVALIACIÓN 1. Do volume total do
traballo do estudantado nesta materia, unha grande parte corresponde ao
traballo individual ou en grupo que o propio estudantado se compromete a
realizar sen a presenza da persoa encargada da docencia. 2. A avaliación da
aprendizaxe debe comprender tanto o proceso como o resultado obtido, tendo en
conta sempre que a maneira de avaliar condiciona o método de aprendizaxe e
inflúe na propia aprendizaxe. 3. A proba escrita obxectiva avalía o resultado
obtido, mais non permite avaliar con exactitude o proceso de aprendizaxe.
Precisamente por isto, valorarase o rendimento e as aprendizaxes acadadas a
través da combinación entre actividades de avaliación formativa e de avaliación
final, de modo que a cualificación será o resultado da avaliación continua e da
realización dunha proba final. 4. A avaliación continua implica valorar o
esforzo e o proceso na aprendizaxe por medio da participación do estudantado.
5. A proba obxectiva implica valorar os resultados da aprendizaxe. II. CRITERIOS ESPECÍFICOS DA AVALIACIÓN 1º) A puntuación total da asignatura comprende dúas partes :
a proba obxectiva que representa o 50% da nota, e o conxunto de prácticas
realizadas durante o curso ,que comprenderá o 50% restante. A entrega das
prácticas para a súa valoración polo profesor só poderá realizarse na
plataforma Moodle e dentro do plazo indicado en cada caso polo profesor. 2º) É imprescindible acadar o 50% da cualificación correspondente a cada un dos apartados a avaliar para que se sumen as diferentes metodoloxías de cara a obter unha nota media final. De non conseguir o mínimo esixido nalgunha das partes, o alumno non superará a matería. 3º) O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá cumplir cos mesmos requisitos que o resto do alumnado, ao non ter ponderación na súa avaliación a asistencia presencial a clase. III. SEGUNDA CONVOCATORIA: Na convocatoria de Xullo os alumnos deberán examinarse da parte da asignatura que non superasen na convocatoria ordinaria, gardándose a nota da parte superada. É dicir: de ter superada a proba obxectiva, deberían entregar o portafolios; de ter superado o portafolios, deberían realizar a proba obxectiva; de non ter superada ningunha, deberán superar ambalas dúas.
|