Para a segunda oportunidade os criterios de avaliación serán os
mesmos: a proba obxectiva valerá o 70% da nota final e os traballos de clase
feitos ao longo do curso o 30% restante.
Para
o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia, existen dúas opcións:
1ª a
realización do exame final, sobre a materia vista en clase, así como sobre as
lecturas recomendadas ao longo do curso;
2ª ou
facer os traballos de clase semanalmente (o que nos apartados de metodoloxías
aparece nomeado como "traballos tutelados" e "discusión
dirixida") traballos que se irán indicando na plataforma do campus virtual/
Moodle, e deberán ser entregados (persoalmente ou por correo electrónico) nas
mesmas datas que o alumnado asistente a clase. Pero en todo caso no exame final
deberá responderse a algunhas preguntas relacionadas con estes traballos
semanales.
Na segunda oportunidade, en xulio, o alumnado con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial terá a primeira das opcións (a realización do exame
final sobre a materia vista en clase, así como sobre as lecturas recomendadas
ao longo do curso).
Implicacións de plaxio: A realización fraudulenta dos traballos de clase ou
actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a
calificación de suspenso "0" na materia na convocatoria
correspondente, invalidando así calquer cualificación obtida en todas as
actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.