A avaliación desta asignatura está baseada na superación das dúas metodoloxías principais, Traballos Tutelados acumulado con prácticas e Sesión Maxistral, de forma independente. A primeira está centrada na demostración práctica dos coñecementos e habilidades adquiridos para resolver problemas en robótica, e a segunda na realización dun examen o a exposición dun traballo sobre un tema concreto dentro de temario teórico según decida o profesor en función do número e capacidade dos alumnos. Así, en caso de que o alumno non supere a asignatura na convocatoria ordinaria, deberá repetir todas as actividades da/das metodoxía/s que non foron superadas na convocatoria extraordinaria. Por exemplo, se un alumno aprobou a parte da Clase Maxistral pero suspendeu nos Traballos tutelados mais prácticas, deberá repetir estes. No caso de dispensa académica, o alumno habrá de realizar os traballos a entregar nas prácticas e traballos tutelados e habrá de superar a proba ou traballo da parte de clase maxistral.
A
realización fraudulenta das probas ou actividades de evaluación implicará
directamente a cualificación de suspenso '0’ na materia e na convocatoria
correspondente, invalidando así cualqueira cualificación obtida en todas as
actividades de evaluación de cara á convocatoria extraordinaria.
A
evaluación na convocatoria adiantada será igual á das demáis convocatorias.
Os alumnos que se acollan a matrícula parcial/dispensa
académca, poderán acordar co profesor a posibilidad de facer actividades
alternativas as presenciais.