Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Física I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A7 B1 B4 C3 C5 Propoñerase test ao alumnado que abarcará os conceptos tanto teóricos como prácticos da materia. 10
Prácticas de laboratorio A7 B2 B4 B6 C2 C3 C7 Son obrigatorias. Valorarase o traballo realizado no laboratorio e o informe presentado e outros traballos afins propostos. Faranse sesions presenciais e online. 10
Proba obxectiva B1 B2 B6 C1 C3 C5 Se fará unha única proba na convocatoria oficial de xaneiro e outra, en xuño/xullo, para aqueles estudantes que no superaron a materia na primeira oportunidade 60
Solución de problemas A7 B1 C3 C5 Avaliación continua do alumno/a dos exercicios e problemas das clases interactivas, valorando a comprensión que o/a alumno/a adquire da materia. 20
 
Observacións avaliación

Alumnos/as de novo ingreso:

Para que un/a alumno/a poda ser avaliado/a, débese ter en conta que a asistencia á clase é obrigatoria. Os casos excepcionais poden ser contemplados a ser documentados.

As prácticas de laboratorio son obrigatorias, de xeito que un/a alumno/a que non as realizou, non ten opción a superar a materia.

Deberá obter unha calificación mínima dun 50% nas prácticas de laboratorio. Na proba obxetiva e no total das probas de resposta multiple ou exercicios avaliados, deberá ter un mínimo dun 33% para poder aprobar a materia

Os/as alumnos/as con calificacións de "non presentado" son aqueles/as que non se presentaron á proba obxectiva.

Alumnos/as co dedicación a tempo parcial:

Os criterios e actividades de avaliación para a primeira oportunidade dependerá da cantidade de dedicación a este a tempo parcial. Os/as estudantes, que por razóns xustificadas (emprego, enfermidade, ...) non efectúnen a avaliación continua, a proba obxectiva escrita supón o 90% da puntuación. O 10% restante corresponden á puntuación do laboratorio, que é obrigatorio. Un/a alumno/a que non realice as prácticas, non ten opción a superar a materia. No caso de non poder facer as prácticas presencialmente, debe poñerse en contacto cos profesores no mes de setembro.

Os/as alumnos/as con calificacións de "non presentado" son aqueles/as que non se presentaron á proba obxectiva.

Alumnos/as repetidores:

Os/as alumnos/as repetidores que faceron as prácticas no curso académico anterior, poderán renunciar por escrito a fácelas de novo e optar a mantel a puntuación, ponderada, do curso 2021-2022. No caso de non poder asistir, deberá poñerse en contacto cos profesores no mes de setembro para buscar solucions axeitadas e adecuadas a situación

Segunda Oportunidade:

A proba objetiva abarcará todo o temario (Temas 1-8) e computará un 60% da avaliación. O estudante deberá ter un mínimo del 33% da nota. 

Se manteñen as calificación obtidas para as probas de resposta múltiple ou exercicios avaliados e das prácticas do laboratorio.

En xeral, a entrega de traballos documentais escritos se levará a cabo preferentemente en formato virtual e/ou soporte informático. De non ser posible, usarase preferentemente papel reciclado, impresóns a dobre cara e se evitarán impresións de borradores e o uso de plásticos.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de "0" (CERO) , invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividade de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria. O profesorado podrá facer os trámites que considere oportunos en caso de sospeita.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes