A realización das
prácticas de laboratorio é obrigatoria. Con todo, os/as alumnos/as que xa
estiveran matriculados anteriormente na materia e que superasen as prácticas
nos dous cursos anteriores ao actual, poderán optar entre realizalas novamente
e ser avaliadas, ou non realizalas e conservar a puntuación obtida.
A cualificación
de "non presentado" figuraralles a aqueles alumnos/as que non se
presentasen á proba obxectiva.
Os criterios de
avaliación da segunda oportunidade e a convocatoria adiantada, se o houbese,
son os seguintes: manterase a puntuación obtida nas prácticas de laboratorio,
supondo igualmente o 15% da cualificación, e manterase tamén a puntuación
obtida na solución de problemas, pero esta última supondo soamente o 15% da
cualificación (é dicir, metade da cualificación que supuña na primeira
oportunidade). O 70% restante corresponderá á proba obxectiva.
Para os/as
alumnos/as con recoñecemento a tempo parcial e dispensa académica con exención
de asistencia teranse en conta as metodoloxías máis idóneas para as necesidades
específicas que requira cada alumno/a.
A realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a
cualificación de “0” na proba ou actividade en cuestión.