Guía DocenteCurso Escola Universitaria Politécnica |
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática |
Asignaturas |
Ciencia de Materiais |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Ciencia de Materiais | Código | 770G01009 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A14 B1 | As sesións prácticas en laboratorio son de obrigada asistencia, e imprescindibles para poder aprobar a materia. O alumnado que asistise ás prácticas en cursos previos non deberá volver a asistir, pero sí deberá repetir a avaliación das mesmas. Esta faráse conxuntamente con cada unha das probas obxectivas programadas para o curso. A cualificación obtida na avaliación de prácticas realizada na data fixada para a primeira oportunidade poderá gardarse para a segunda oprortunidade, pero aquel alumnado que opte por presentarse a avaliación de prácticas na segunda oportunidade, renunciará a cualificación obtida previamente. |
15 |
Obradoiro | A14 B7 | A presentación e defensa do traballo monográfico e obrigatorio para poder superar a materia. A calificación do traballo suporá un 15 % da nota final. | 15 |
Proba obxectiva | A14 B2 B4 C1 | Poderanse facer exames parciais que terán carácter liberatorio para as convocatorias do curso presente a condición de que a cualificación sexa igual ou superior a 5.0. Os exames constarán de duas partes, problemas e teoría en forma de preguntas curtas, cuestións ou temas, breves exercicios numéricos. As partes de Problemas e de Teoría teñen unha ponderación do 50% e 50%, respectivamente, sobre a nota final. A cualificación final será a media aritmética de ambas as partes, a condición de que ningunha delas sexa inferior a 4,0 puntos. Cando nalgunha das partes do exame a nota obtida fose inferior a 3,0 puntos sobre 10, a calificación final da materia, ponderadas todas as actividades, non poderá ser superior a 3,0. |
70 |
Observacións avaliación | |||
As sesións prácticas en laboratorio son de obrigada asistencia, e imprescindibles para poder aprobar a materia. A non presentación de traballo implicará unha calificación final de Non Presentado. A non asistencia inxustificada a unha ou máis das sesión de laboratorio implicará unha calificación final de Non Presentado. No caso de celebrarse exames parciais, a condición necesaria para poder presentarse ós mesmos fixarase no momento da súa convocatoria. Cando nalgunha das partes da proba mixta (teoría ou problemas) a nota obtida fose inferior a 3,0 puntos sobre 10 non se fará media entre elas, e a calificación final da materia, ponderadas todas as actividades, non poderá ser superior a 3,0. O alumnado con reconoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá realizar a totalidade das actividades obrigatorias nalgún dos horarios establecidos de antemán. SEGUNDA OPORTUNIDADE O sistema de avaliación na segunda oportunidade manterase igual ao da primeira oportunidade. CONVOCATORIA ADIANTADA Nesta convocatoria a avaliación constará de dúas partes:
Para poder superar a materia será imprescindible obter un 5,0 sobre 10 en cada unha das partes. En caso de non cumprirse este requisito a cualificación final da materia non poderá superar o 3,0. |
|