Debido a que a materia está dividida en dous grandes bloques diferentes (BIM e Edificios Intelixentes), o alumno deberá aprobar cada parte para superar a materia.
BIM: A nota resultará da cualificación das prácticas correspondentes ao tres primeiros temas do contido da materia. Presentar como propios traballos alleos ou o plaxio na realización de calquera das actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na oportunidade correspondente.
EDIFICIOS INTELIGENTES: A avaluación incluirá un traballo ("Traballos tutelados", 40%), "Prácticas de laboratorio" (10%) e unha "Proba mixta" (50%). A "Proba mixta" poderase dividir nunha parte tipo test, e unhas preguntas breves. Será necesario superar o 35% da puntuación no test da "Proba mixta" pra aprobar.
EDIFICIOS INTELIGENTES: Pra a segunda oportunidad non haberá un segundo prazo de entrega de traballos, e a avaluación relativa a "Prácticas de laboratorio" incluirase na "Proba mixta".
Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212)", serán avaliados da mesma forma, permitindo unha semana máis de marxe nas entregas de tarefas.