Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  BIM e Edificios Intelixentes
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A9 A34 B4 B5 B6 C2 Realización de prácticas de laboratorio na medida do posible.

Na parte da materia relativa a BIM as prácticas realizaranse en aula informática, co programa REVIT.
55
Proba mixta A9 A34 B5 B6 C2 Exame con parte de test e preguntas de desenvolvemento 25
Traballos tutelados A9 A34 B4 B5 B6 C2 C5 Realización de traballos individuais. 20
 
Observacións avaliación

Debido a que a materia está dividida en dous grandes bloques diferentes (BIM e Edificios Intelixentes), o alumno deberá aprobar cada parte para superar a materia.

BIM: A nota resultará da cualificación das prácticas correspondentes ao tres primeiros temas do contido da materia. Presentar como propios traballos alleos ou o plaxio na realización de calquera das actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso "0"  na oportunidade correspondente.

EDIFICIOS INTELIGENTES: A avaluación incluirá un traballo ("Traballos tutelados", 40%), "Prácticas de laboratorio" (10%) e unha "Proba mixta" (50%). A "Proba mixta" poderase dividir nunha parte tipo test, e unhas preguntas breves. Será necesario superar o 35% da puntuación no test da "Proba mixta" pra aprobar.

EDIFICIOS INTELIGENTES: Pra a segunda oportunidad non haberá un segundo prazo de entrega de traballos, e a avaluación relativa a "Prácticas de laboratorio" incluirase na "Proba mixta".

Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212)", serán avaliados da mesma forma, permitindo unha semana máis de marxe nas entregas de tarefas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes