No marco das "Prácticas de laboratorio" poderanse incluír aspectos tales como asistencia a clase, actitude, etc., para axudar á obtención do aprobado. Además, tamén se poderá incluir nesta metodoloxía a valoración da presentación na clase do traballo persoal.
A "Proba mixta" poderase dividir nunha parte tipo test, e unhas preguntas breves.
Será necesario superar o 35% da puntuación no test da "Proba mixta" para aprobar.
Para a segunda oportunidade non haberá un segundo plazo de entrega de traballos, e a evaluación relativa ás "Prácticas de laboratorio" incluirase na "Proba mixta".
Os criterios de avaliación da convocatoria adiantada de decembro serán iguais ós da segunda oportunidade do curso anterior.
Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212)", serán evaluados da mesma forma, permitindo unha semana máis de marxe nas entregas de tarefas.