A avaliación divídese en
Actividades realizadas durante o periodo lectivo (porcentaxe de cualificación 60%) distribuídas do seguinte xeito:
Actividades non recuperables:
Prácticas de laboratorio: porcentaxe de cualificación 10%
Traballos tutelados: porcentaxe de cualificación 20% Actividades recuperables:
Probas objetivas intermedias: porcentaxe de cualificación 30% (poden recuperarse na proba objetiva final)
Proba objetiva final (porcentaxe de cualificación 40%) que terá dúas oportunidades.
Nesta proba objetiva pode recuperarse ou mellorarse a cualificación obtida nas probas objetivas intermedias.
Condición de non presentado
Os alumnos que non realicen a proba mixta final da primeira ou da
segunda oportunidade terán a condición de non presentado, si a
cualificación que se obtendría considerando únicamente o resto de
actividades evaluadas é inferior a 5.0
Redondeo
Os cálculos dos puntos de cualificación obtidos realízanse con todas as
cifras decimales que permita o programa de cálculo empregado. A
cualificación final obtida redondéase e exprésase cunha única cifra
decimal. Así por exemplo, unha cualificación de 4,92 equivale a 4,9 e é
suspenso, mentres que unha cualificación a partir de 4,95 equivale a 5 e
é aprobado.
Dispensa académica
Os procedementos de avaliación descritos son aplicables a todos os alumnos, teñan ou non dispensa académica.
Convocatoria adiantada
A cualificación que pode obterse na proba adiantada é únicamente a
correspondente á porcentaxe de cualificación correspondente ás probas
mixtas (70%). En casos xustificados poderán sumarse aos puntos obtidos
nesta proba mixta as cualificacións correspondentes a outras metologías
cursadas nos dous cursos inmediatamente anteriores. Actividades de Avaliación Non Presenciales:
Nas actividades de avaliación non presenciales o profesor poderá
requirir a cada alumno a resposta por videoconferencia a preguntas
relacionadas cos contidos entregados. A resposta non satisfactoria ás
preguntas do profesor poderá reducir a cualificación obtida nunha
porcentaxe de ata un 80%.
|